Os amantes das vespas teñen unha cita en Reigosa este sábado

A localidade pastoricense acolle a sétima edición da súa tradicional feira mensual, que contará ademais cunha demostración de aeróbic e unha exposición de esculturas.


|

Vespas2

// Facebook Vespa Lugo Equipo de Rescate


O próximo sábado 29 de abril terá lugar a sétima edición da feira de Reigosa e as principais novidades deste mes virán da man do equipo de rescate Vespa de Lugo que se trasladará á localidade pastoricense con ao redor dunha ducia de motos que estarán expostas no recinto feiral durante todo o día. A asociación veciñal de Reigosa premiará ao dono da moto que consiga máis votos do público cun fin de semana na casa rural de Bi Terra, en Friol.


Ademais, a partir das 12:30h, o grupo de aeróbic dirixido por Juan Carlos Quintana, monitor do centro deportivo Jansu de Vilalba, ofrecerá unha demostración en colaboración coa escola de aeróbic de Begonte. Participarán preto dunha vintena de persoas, entre elas, veciñas de Reigosa que darán a coñecer os pasos aprendidos durante os últimos meses no curso que ten lugar todas as semanas na casa social.


Cartel setimafeira REIGOSA

Co ánimo de darlle un impulso á exposición de esculturas da artista natural de Reigosa, Carmen Cabaneiro, levarán a cabo a partir das 13:00h unha visita guiada no segundo piso do edificio sociocultural Mariña Folgueira. A artista estará acompañada de diferentes personalidades de renome que percorrerán a súa obra con ela.


Desde a directiva da asociación afirman que a mostra de arte causou "moita expectación" o mes pasado e queren darlle "a valía que merece", non só pola calidade da mesma, senón tamén polos vínculos que a artista mantén con Reigosa. "Esta exposición, que recompila arredor de 30 obras entre pinturas e esculturas, é moi especial para nós porque Carmina é a filla do que durante moitos anos exerceu como doutor na nosa parroquia, o doutor Cabaneiro. Toda a xente do noso pobo se lembra del e foi unha figura moi importante para nós" lembra Elba Sandamil, presidenta da asociación.


POLBO A CARGO DE AURORA DO CARBALLIÑO 


Aos diversos actos súmanse, do mesmo xeito que nas anteriores edicións, todos os postos de calzado, comida, música, plantas, decoración, roupa e artesanía que asistirán á feira. O polbo correrá a cargo de Aurora do Carballiño e estará situada no campo da festa de Reigosa. O restaurante Boavista de Abadín tamén se despraza a Reigosa co seu posto de churrasco e callos, ente outros. Todo isto poderá degustarse no interior e exterior do edificio Mariña Folgueira desta localidade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE