Rescatan o cadáver dun home no porto da Coruña esta mañá
lLq Policía Nacional investiga si trátase dun accidente ou dun suicidio
Os bombeiros da Coruña rescataron este luns o corpo dun home que apareceu flotando na auga no porto da Coruña, na zona do Club Náutico.
Segundo informou o 112 Galicia, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia tivo coñecemento deste suceso sobre as 05.40 horas.
Así, os operadores da central de emerxencias deron aviso a Salvamento Marítimo, ao servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Nacional, á Garda Civil, á Autoridade Portuaria da Coruña, á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.
Tamén se desprazaron até o punto os bombeiros da cidade herculina, que foron os encargados de do rescate do home, xa falecido.
Escribe o teu comentario