O expresidente do CD Lugo José Bouso salta á política a pesar da polémica por irregularidades financeiras

O seu sucesor na presidencia do club de fútbol, Tino Saqués, dixo atopar irregularidades nas contas da entidade -como pagos sen documentación a directivos- mentres que Bouso, hoxe no PP da Pastoriza, sempre defendeu a súa xestión.


|

O seu sucesor na presidencia do club de fútbol, Tino Saqués, dixo atopar irregularidades nas contas da entidade -como pagos sen documentación a directivos, incluído o presidente- mentres que Bouso, hoxe no PP da Pastoriza, sempre defendeu a súa xestión


O empresario e expresidente do CD Lugo José Bouso será o candidato do Partido Popular á Alcaldía do municipio lucense da Pastoriza (gobernado polo rexedor socialista Primitivo Igrexas) nas eleccións do 26 de maio.


O empresario e expresidente do Lugo José Bouso será o candidato do PP  á O expresidente, José Bouso


Así, Bouso móstrase "convencido" para "recuperar a Alcaldía" con "humildade e moito traballo". "Preséntome ás eleccións para facer un bo equipo. Son dos que me gusta gañar partidos como cando dirixía o Lugo, e este partido temos que gañalo", asegurou.

José Bouso naceu na parroquia de Bretoña, na Pastoriza, e é un empresario do sector da construción. Foi o vixésimo segundo presidente do Lugo entre 2004 e 2015, cargo no que foi substituído por Tino Saqués.

Pola súa banda, a presidenta do PP da provincia de Lugo, Elena Candia, informou da fichaxe de Bouso, de quen destaca a súa "capacidade de xestión e forte vínculo que mantén" cos populares "desde hai moitos anos", o que lle fai merecedor desta "confianza".

"Que Bouso aceptase a nosa proposta dá, sen dúbida, un valor engadido ao traballo do PP neste municipio", agrega Elena Candia, a través dun comunicado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE