Ás voltas coa luz

Manuel Fernando González Iglesias

Luzelectricidadbombilla


Levamos os xornalistas varias semanas dándolle voltas ao prezo da luz. Os grandes faladoiros de televisión recollen acalorados debates sobre o tema, mentres que o Goberno e os seus Ministros se acantonan en lugar seguro defendendo a bonanza da factura eléctrica que, nun primeiro momento, era de responsabilidade exclusiva das empresas subministradoras e agora xa non tanto, xa que a opinión publicada e tamén a pública comeza a recoller outra variable non menos importante como o é "a urxente necesidade dunha baixada do IVE da factura da luz", ao ser este servizo tamén de primeira necesidade, especialmente para a maioría das cidadás, como o poden ser as berenxenas ou as sardiñas ou o tan enquisado polo de granxa.


Neste xoves das Puras, dos Puros e das Purificacións, chega ao Parlament de Catalunya, como unha premonición, a comparecencia dun dos directivos con mais caché das empresas subministradoras que se viron envoltas nunha polémica interesada. Suponse que os políticos tentarán darlle duro e na cabeza, para tapar, primeiro, as súas neglixencias e logo, a barbaridade de impostos que son incapaces de quitarnos dun recibo que só o entenden os eruditos, pero que está claro que deixa sen servizo as persoas mais vulnerables e arroxa moito cal sobre a xestión privada da luz e o gas.


Facendo de avogado do diaño, a min gustaríame que quen nos goberna onde sexa, que fixesen pedagoxía social, predicando co exemplo e sobre todo, facendo uso do sentido común, e que logo esa maneira de gobernar chegase ás grandes empresas, para que así, entre o público e o privado puidesen acometerse, sen dilación, todas aquelas reformas que xa se fan imprescindibles no control e distribución da enerxía. Temo que, por agora, os malos van seguir sendo os mesmos e os que se esconden detrás dun grupo parlamentario seguiranse lavando as mans con auga mineral e logo, á hora de deixar os cargos, buscarán afanosamente un posto de relevancia no Consello de administración da Rede ou doutras grandes corporacións, como o que lle acaban de outorgar a dedo ao ex Director da Garda Civil Fernandez de Mesa, por certo, un vello e entrañable amigo do chamado clan do PP galego do Presidente Mariano Rajoy o que dixo hai pouco que tiña que chover para que baixase o prezo da luz. Con eses soldazos de porta xiratoria tamén hai que acabar, e descontalos, por suposto, das facturas que nos envían a casa. Todo suma e todo resta.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE