Riscos da Atención Primaria en Galicia

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.


Se jo l'estiro fort per aquí i o teu l'estires fort per allà, segur que tomba, tomba, tomba, i ens podrem alliberar. (Se ti estírala forte por aquí e eu estíroa forte por alá, seguro que cae, cae, cae, e poderemos liberarnos). Lluís Llach i Grande, Xirona 1948, músico e cantautor catalán. 


A AP ten que ter recursos. Na Galiza, éstos son escasos e mal dimensionados. O orzamento,

é moi baixo, 14%, para atender o 80% da poboación. É unha evidencia a falta de Médicxs,

Pediatras e Enfermeirxs (entre outrxs) tras os recortes efectuados por Feijoo nos 11 anos que

leva gobernando o País. Nos Centros de Saúde (CdeS) o persoal e equipamento é escaso e con

limitacións de acceso a probas diagnósticas e terapéuticas. Os Equipos de AP non contan cxs

profesionais necesarixs para atender a demanda; non hai en TODOLOS CdeS: Fisioterapia,

Traballo Social, Odontoloxía, Logopedas, Atención Temperá, Psicoloxía Clínica, Farmacia Clínica,

que deberían estar presentes, para dar unha Atención Integral ás persoas, tanto ás enfermas,

como ás sans que precisan dos controis oportunos para que non enfermen. Con consultas

masificadas pola falta de persoal, é imposible realizar unha atención digna. O resultado desta

mala xestión é a perda de calidade, irracionalidade na atención e a falta de capacidade

resolutiva.


A medicina actual, está enfocada a MEDICALIZACIÓN. Está orientada á “curación” da

enfermidade. Non se realiza Promoción de Saúde, Prevención das Enfermidades e Rehabilitación

(Atención Integral). Nos CdeS a demanda nas consultas é exceiva (pola falta de persoal) o que

leva a masificación das mesmas e a un escaso tempo de atención. Non se fai intervención sobre

os determinantes de saúde, tanto persoais, sociais e ambientais. O resultado é unha atención

ineficiente, iatroxenia, morbilidade e frustración do persoal e da poboación. As normas da

administración levan ao enfrentamento estre xs pacientes e xs profesionais!


Na COVID-19, perdéuse a ACCESIBILIDADE para recibir atención. A asistencia, basada no

control da demanda, limita o fluxo de pacientes aos CdeS (coa desculpa de “evitar contaxios”).

Xs profesionais solicitan axendas de non máis de 30 consultas diarias, que se sobrepasan

todolos días. Dar “prioridade” a consulta telefónica e telemática en detrimento da presencial,

impide o contacto directo profesional/paciente; limítanse as urxencias; as visitas domiciliarias dxs crónicxs, encamadxs, discapacitadxs ou terminais, fanse máis difíciles. Existen listas de agarda de varios días e incluso semáns, para consultas telefónicas e presenciais. Hai colas fora dos CdeS… O abandono das persoas internadas nas Residencias (durante e despois da pandemia) é inhumano, chegando a perder o seu dereito aos coidados de AP. O resultado é o incremento das

listas de agarda, a deterioración da relación profesional/paciente, a perda da continuidade

asistencial e a falta de dignidade na atención. O desmantelamento da AP é evidente!

Outro risco importante é a deficiente relación da AP cos servizos hospitalarios. Impide o

control e seguimento dos procesos asistenciais, desaparece a continuidade na atención e

aumenta a comorbilidade dxs pacientes. Non hai relación entre a AP e os Servizos de Saúde

Pública, imprescindibles para a prevención e control de epidemias, pandemias e riscos

ambientais.


Outro risco é a desconexión entre a AP e o Sistema de Atención á Dependencia. A

inexistencia de instrumentos legais para relacionar os CdeS coas administracións locais, cas

organizacións sociais ou cos servizos educativos, imprescindibles para actuar sobre os

determinantes de saúde (alimentación sa, exercicio físico saudable, riscos ambientais, educación

sanitaria…). Existe una ausencia evidente da participación social na toma de decisións

sanitarias. O resultado é a imposibilidade de previr e enfrontarse a enfermidade e de actuar

sobre os determinantes da saúde.


Ou se corrixen estos Riscos na AP ou o futuro da Sanidade Pública na Galiza é moi sombrío. 


Protesta de veciños de Monfero pola falta de médicos nunha foto de Julian Dorie

 Protesta de veciños de Monfero pola falta de médicos nunha foto de Julian Dorie 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE