Barreiros: Un concello de 9.000 persoas todo un mes sen pediatra

A alcaldesa de Barreiros (Lugo), a nacionalista Ana Hermida, apremou á Xunta e ao Sergas a que cubra a praza de pediatra no centro de saúde do municipio, un concello que chega a triplicar a súa poboación no mes de agosto.

|


Barreiros roza normalmente os 3.000 habitantes, que se triplican no verán. O pediatra local foise de vacacións e, como noutras moitas localidades, a Xunta non ten previsto cubrir o seu posto. A alcaldesa protesta alegando que normalmente o pediatra atende a uns 250 nenos, pero que agora hai uns 700.


O goberno local tivo coñecemento de que o Sergas non ten previsto cubrir as vacacións do pediatra, polo que a alcaldesa dirixiu unha carta ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña; ao xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, e á xerencia da EOXI de Lugo, Monforte e Cervo, para insistir na cobertura do devandito posto durante agosto.



Centro de saúde barreiros



Hermida lamentou que se poida estar un mes sen "ese servizo", sobre todo, "cando está a atender a nenos ou nenas que nalgúns casos requiren dunha atención moi seguida". "Isto supón unha desatención á poboación pediátrica", afeou.


DE 250 A 700 NENOS

Ademais, a alcaldesa de Barreiros alertou que se a nivel de censo non chegan aos 3.000 veciños, en "os meses de verán pode haber 10.000 ou máis persoas" na localidade. Por iso, Hermida fixo fincapé en que se en condicións normais atende sobre "250  nenos" o servizo de Pediatría, que comparte cos municipios de Lourenzá e Mondoñedo, nestes meses de verán, en concreto en agosto, "por encima dos 700 nenos" poderían quedar sen recibir atención neste centro de saúde durante este mes, avisou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE