Betanzos, outro centro de saúde que sofre recortes en pediatría
A Consellería de Sanidade non respondeu por agora ás críticas.A fronte admite que pode ser un problema temporal, en principio ata marzo, pero á vez lembra que non hai garantías de que a cuestión se resolva pasados uns meses. A falta de pediatras nas listas de substitución leva sendo anos un problema crónico no SERGAS. A Xunta deféndese alegando que non hai especialistas tampouco en España e en moitas partes de Europa.
Novo caso dun centro de saúde que ve reducido os seus servizos de pediatría. O BNG de Betanzos denuncia a cancelación das consultas pediátricas pola tarde. Nos últimos meses producíronse queixas similares polo menos en Touro, O Pino, A Baña, Ferrol e A Pastoriza; ademais do coñecido caso de o rectificado peche do paritorio de Verín.
Centro de saúde de Betanzos
Segundo os nacionalistas, o Centro de Saúde local ofrecía ata hora consultas para nenos pola tarde polo menos dous días á semana. Posibilidade que desaparece "porque o SERGAS non cobre os permisos". A Consellería de Sanidade non respondeu por agora ás críticas.
A fronte admite que pode ser un problema temporal, en principio ata marzo, pero á vez lembra que non hai garantías de que a cuestión se resolva pasados uns meses.
A falta de pediatras nas listas de substitución leva sendo anos un problema crónico no SERGAS. A Xunta deféndese alegando que non hai especialistas tampouco en España e en moitas partes de Europa. Os sindicatos rebaten alegando que os contratos temporais aos pediatras galegos son tan precarios que os empuxan á emigración.
Escribe o teu comentario