O SERGAS detecta casos de estreptococo A en nenos, bacteria que xa causou mortos e ingresados en Madrid

Desde Sanidade advirten que no que respecta a Galicia aínda non se deron casos de mortes en menores relacionados con esta bacteria que pode causar meninxite.

 


|

Desde Sanidade advirten que no que respecta a Galicia aínda non se deron casos de mortes en menores relacionados con esta bacteria que pode causar meninxite.

 

Anginas ou cadros de febre son algúns dos síntomas leves que pode deixar a bacteria, que si está a circular pola comunidade, sobre os nenos que a contraen.

 

Garcu00eda comesau00f1a
Foto: EP

 

O estreptococos tipo A está a circular por Galicia. Así o refiren algúns profesionais sanitarios que advirten que é a mesma bacteria que levou a catorce menores a ter que ingresar en Madrid, mentres que en Europa xa se reportaron as primeiras mortes. No entanto, as autoridades subliñan que até o momento os casos detectados son "leves" e que os centros contan cos recursos necesarios para detectar esta enfermidade de forma precisa e rápida cun sinxelo test. 

 

Se os pequenos refiren ter a garganta irritada ou febre pode ser un síntoma de que contraeron a bacteria, que pode causar, na súa forma máis agresiva, meninxite. A forma de combater o estreptococo non é distinta á doutras enfermidades, polo que os antibióticos co medicamento que se receita no caso de que o resultado do test sexa positivo. Por outra banda, non só danse casos en menores, xa que noutros países tamén se identificou a bacteria no grupo de idade de maiores de 75. 

 

SEN MORTES EN GALICIA

Por agora, as informacións publicadas este venres desde a Consellería de Sanidade recalcan que non hai ningunha evidencia que relacione a enfermidade do estreptococo A con mortes de menores en Galicia. Na mesma liña, tachan de "normal" a situación actual no que á comunidade refírese. 

 

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade e lembrou que non se detectaron falecementos polo estreptococo en Galicia. Ao tempo, fixo fincapé en que este tipo de bacterias son "habituais" e que "sempre houbo" estreptococo A. 

 

"Outra cousa diferente é que a gravidade da enfermidade que produce sexa alarmante", indicou. nese sentido, cabe lembrar que en Reino Unido xa se reportaron varios casos de nenos mortos -así como dous en Madrid- por mor desta bacteria e que a virulencia vén dada, en parte, pola situación postcovid de relaxación dalgunhas medidas protectoras que o ano pasado mantiveron baixo control as enfermidades respiratorias e outras doenzas de tipo bacteriano. 
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE