Ducias de enfermos en padiola e cadeira de rodas no corredor de Urxencias do CHUS, mostran novos vídeos
Enfermos en padiola nos corredores de urxencias nun vídeo remitido a Galiciapress Enfermos en cadeiras de rodas nos corredores de urxencias nun vídeo remitido a Galiciapress A interpretación dos vídeos volve ser diferente.
Os corredores de urxencias no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) outra vez cunha longa cola de pacientes que esperan, moitos en cadeira de rodas, algúns mesmo en padiola. A imaxe, non por recorrente ( é polo menos a segunda vez que vídeos así chegan á redacción de Galiciapress en poucos días) deixa de ser noticia dada a importancia do servizo, especialmente en plena época de gripe.
A interpretación dos vídeos volve ser diferente. Fuentes sindicais do centro cren que demostran que o SERGAS segue sen facer ben os deberes, que a ampliación de medios anunciada hai unhas semanas non está a resultar suficiente.
Consultadas por Galiciapress, fontes oficiais da Xerencia do Sergas relativizan estas imaxes con varios argumentos. O primeiro, que non se pode xulgar a situación de urxencias polo que non deixa de ser a foto dun momento. Ademais, indican que eses corredores son lugares polos que teñen que pasar todos os ingresados despois do triaje, que é o proceso que se fai rapidamente ao chegar ao CHUS para clasificar a gravidade de cada caso.
En todo caso, admiten que a afluencia destes días está a ser alta. Así, a web de estatísticas oficiais do CHUS indica que onte se atenderon case 400 pacientes en urxencias. O motivo de tanta afluencia pode ser o "pico da gripe" que provoca que moitas persoas maiores con outras patoloxías "se descompensen" e teñan que recorrer a Urxencias.
Escribe o teu comentario