Accidente laboral: morre un traballador electrocutado dentro dunha arqueta no Grove

Os feitos ocorreron este martes ao redor das 15:30 horas.


|

Helico santiago 061
Foto: @HelicoSantiago

 

Pesar no Grove polo último accidente laboral que custou a vida dun traballador. Os feitos tiveron lugar este martes, na estrada que comunica A Lanzada con San Vicente, cando o operario traballaba no interior dunha arqueta.

 

FEITOS

O suceso ocorreu mentres o traballador manipulaba un trade nesta pequena cabidad subterránea, onde recibiu unha potente descarga eléctrica. A consecuencia do fatal episodio, o traballador perdeu a vida.

 

Aínda que ao redor das 15:30 horas os equipos de emerxencias do 112 Galicia tiveron coñecemento do ocorrido no Grove, o despregamento de medios, cun helicóptero medicalizado enviado ao lugar (precisamente a nova aeronave en substitución da que opera na base de Santiago), non puido evitar a morte do traballador.

 

Desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 só puideron constatar o deceso, a pesar dos esforzos dos sanitarios por tratar de reanimar ao home e a presenza de membros da Garda Civil e bombeiros no lugar.



 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE