Vídeo dunha decena de enfermos en cadeira de rodas e padiolas no corredor mostra "colapso" das urxencias en Santiago

Como proba remite un vídeo no que nove pacientes en cadeira de rodas e unha nunha padiola esperan nos corredores do centro hospitalario do SERGAS.


|

A Asociación de Pacientes do Complexo Hospitalario de Santiago CHUS insiste no "colapso" do servizo de urxencias. Como proba remite a Galiciapress un vídeo no que nove pacientes en cadeira de rodas e unha enferma en padiola esperan nos corredores do centro hospitalario do SERGAS. 



Non é a primeira vez que a Asociación de Pacientes e algún sindicato denuncian problemas similares nas urxencias compostelás, incluso remitindo imaxes como proba. 


RESPOSTA DO SERGAS

Desde o SERGAS, en ocasións anteriores respondeuse que era habitual que os pacientes, tras ser clasificados segundo a súa urxencia para atender inmediatamente aos máis graves, esperasen a que os chamasen a un espazo adecuado para continuar a súa avaliación en máis detalle. A Xunta sempre negou colapso algún no servizo e, de feito, este ano anunciou que contratou  80 profesionais a maiores en Santiago para evitar esperas.


Fuentes da xerencia citadas por Europapress negaron a situación de "colapso" nas Urxencias e explicaron que a afluencia de pacientes "está a ser a habitual nunha situación de epidemia de gripe", precisando que se trata, sobre todo, de "persoas maiores pluripatológicas, cuxa enfermidade crónica hase descompensado".

Dado que "a porcentaxe de ingresos desde urxencias está a ser superior á media habitual", a xerencia ten activado o Plan de Continxencia para a tempada de gripe, desde finais do ano pasado, e habilitou espazos a maiores para atender a demanda. Ata o de agora, precisaron, son 78 as camas habilitadas ao maiores, con "a consecuente dotación de persoal".


30 PACIENTES ESPERANDO O INGRESO EN PLANTA

Unha visión moi diferente é a que dan desde a Asociación de Pacientes. "A xerencia e os responsables do SERGAS seguen antepoñendo criterios de xestión e de racionamento de recursos sanitarios fronte ao dereito dos pacientes a atención requirida e a saúde", denuncian.



De acordo á súa versión, o vídeo correspóndese ao venres ás 16:24 horas. Nel ven unha decena de pacientes e acompañantes no corredor de acceso.  Segundo Fátima Nercellas, doutora de urxencias no CHUS e membro do sindicato Ou'MEGA algúns deles eran "pacientes graves" en espera de "ser vistos".


A situación nese momento era de "13 pacientes graves estaban amontoados no corredor de acceso en cadeiras de rodas e padiolas", máis "30 pacientes ocupando as zonas de traballo con ingreso asinado esperando o traslado a planta". Engaden que en monitores quedaba só un espazo libre, ningún cubículo dispoñible e ningún espazo en observacións.


Colapso urxencias gripe Santiago 25 de xaneiro 2020


Captura de pantalla do vídeo remitido pola Asociación de Pacientes do venres no CHUS


O SERGAS non respondeu por agora a estas cifras. "Continuamos sendo vítimas dunha violación intolerable da nosa intimidade e dignidade como pacientes, ante a que non podemos seguir impasibles", quéixanse desde o citado colectivo, que promete levar o caso á Valedora do Pobo.


QUEIXAS SOBRE CASE TODOS Os HOSPITAIS DO SERGAS

O certo é que nos últimos días sucédense protestas sobre as urxencias de case todos os hospitais galegos. 


Máis dun centenar de traballadores de Urxencias do Hospital Montecelo concentrouse este venres na entrada principal deste centro sanitario para protestar pola sobrecarga que sofre este servizo reclamando máis medios para "superar a constante situación de precariedade".


Tamén esta semana SATSE denunciou problemas nas urxencias de Ourense, "o normal para esta época" segundo o SERGAS. Segundo este sindicato de enfermería o "colapso" pola gripe afecta as urxencias dos hospitais do SERGAS en Santiago, Cee, Ourense e Pontevedra; denuncia SATSE 





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE