Para evitar problemas en urxencias pola gripe, o SERGAS di que contratou máis de 80 profesionais en Santiago

|

A Xunta contraataca ante as sucesivas denuncias de a Asociación de Pacientes do CHUS sobre o suposto colapso recurente das urxencias explicando que dispón de máis de 100 profesionais que outros anos, entre contratos temporais e "incremento estrutural"


A área sanitaria compostelá ten activado desde finais do pasado ano o Plan de continxencia da gripe para tempada 2019-2020 e contratou desde decembro 82 profesionais a maiores para atender o incremento de pacientes ingresados desde urxencias.


Pacientes nos corredores de urxencias do CHUS o 2 de enro nunha foto remitida pola Asociación de Usuarios

Pacientes nos corredores de urxencias do CHUS nunha foto remitida pola Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS publicada o 2 de xaneiro



Así o explicou este martes nun comunicado de prensa, no que indica que contratou cinco médicos, 33 enfermeiras, 32 auxiliares de enfermería e 12 celadores para atender o incremento da demanda de atención urxente desde finais de 2019.


"A estas contratacións para atender os ingresos hospitalarios debido ao repunte de urxencias hai que sumar o incremento estrutural do cadro de persoal do servizo de urxencias xa rexistrado o ano pasado (28 profesionais)", concretaron por parte da área sanitaria nun comunicado, no que destacan que "para dar resposta" a este aumento de ingresos urxentes habilitaron "68 camas máis" no complexo hospitalario.

Ademais, as mesmas fontes manifestaron que desde o primeiro caso de gripe, detectado a principios de decembro, "houbo 24 pacientes ingresados con gripe", dos que 13 están ingresados, catro deles na UCI. "Desde principios deste ano ata hoxe ás 14,00 horas, o servizo de urxencias do Hospital Clínico atendeu 4.643 urxencias de adultos das que 873 precisaron ingreso hospitalario, o que supón o 18,02%", abundaron.



UN DE CADA CINCO PACIENTES TIVO QUE SER HOSPITALIZADO ALGÚNS DÍAS

Por iso, por parte da área sanitaria compostelá defenderon que a contratación de persoal e o incremento de camas para "dar resposta ao aumento da presión da demanda de atención sanitaria urxente" iniciouse, subliñou, "antes de que comezase 2020" e realizouse no marco do Plan de continxencia da gripe para a tempada 2019/2020.

As "maiores necesidades" de ingreso destes pacientes, concretaron as mesmas fontes, "implicaron que nalgúns días a porcentaxe de ingreso hospitalario fose do 20% das urxencias atendidas, cando a media ao longo do ano é de preto do 14%".

AÍNDA HAI TEMPO PARA VACINARSE CONTRA A GRIPE

A área sanitaria de Santiago e Barbanza  inxectou unhas 101.000 vacinas no marco da campaña de vacinación contra a gripe que se iniciou o pasado 14 de outubro e que terminou o venres 27 de decembro. Isto supón case tres puntos máis de cobertura que o exercicio pasado, unhas 8.300 persoas máis, apuntaron as mesmas fontes.


A Consellería de Sanidade lembra que "aínda están a tempo de vacinarse todas aquelas persoas que o desexen e non o teñan feito" nalgún dos case 80 puntos de vacinación repartidos por toda a área sanitaria xa que, incide, "as vacinas estarán dispoñibles durante este mes de xaneiro".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress