Lavacolla

Ryanair condenada non só a pagar billetes de voo atrasado, senón tamén danos por un paquete turístico alleo


Mala noticia para as compañías aéreas, boa noticia para os viaxeiros. Un xulgado da Coruña acaba de dar a razón a dous viaxeiros, aos que Ryanair debe pagar 2.000 euros. Corresponden non só aos seus billetes, senón tamén a "danos e prexuízos derivados do atraso de seis horas dun voo da compañía entre Santiago e Madrid" debido a que o atraso provocou que perdesen o paquete de vacacións que contrataran con outra compañía.

Un neno de 11 anos causou a ameaza de bomba que obrigou a desaloxar un voo de Canarias a Santiago
Un neno de 11 anos foi identificado como o autor dunha nota cunha ameaza de bomba que levou a desaloxar un voo procedente de Forteventura e destino Santiago de Compostela.
​Bugallo: “Hai que redefinir o modelo de turismo en Santiago”


Hai uns meses as enquisas puñan ao PSOE en terceira posición pero o retorno do ex-alcalde provocou un tremor na política local que se plasmou nunha contundente vitoria socialista. Con todo, Xosé Sánchez Bugallo necesita de apoios e nesta entrevista con Galiciapress detalla en que eidos buscará pactos con Compostela Aberta, PP e BNG; noemadamente o turismo e o Xacobeo. Co Bloque non descarta aínda compartir goberno. A operación Peleteiro, o “estraño” criterio da conselleira de Infraestruturas co tren ao aeroporto, o teleférico á Cidade da Cultura e a construción de vivenda pública son algúns doutros temas desta conversa.

Os aeroportos galegos gañan pasaxeiros mentres aumenta o número de destinos

Cada vez son máis as compañías que aumentan o número de conexións con distintas cidades galegas.

Dous voos a Londres e Barcelona deixan Vigo por Santiago
Ryanair confirmou o pasado venres a través dunha carta ao Concello de Santiago a súa intención de trasladar a Lavacolla as ligazóns a Barcelona e Londres que elimina de Vigo tras a súa decisión de deixar de operar no aeroporto de Peinador.
Redes de tráfico de persoas usan Galicia como ponte cara as Illas Británicas

Axentes da Policía Nacional detiveron esta semana a outras cinco persoas, de nacionalidade estranxeira, con documentación falsa no Aeroporto de Santiago de Compostela.

Unha moza é detida con 55 envoltorios de cocaína no seu corpo tras unha aterraxe de emerxencia

A apresada viaxaba nun voo desde República Dominicana ata Milán que tivo que realizar unha aterraxe de emerxencia no aeroporto de Lavacolla

O aeroporto de Vigo é o único que non gaña pasaxeiros no mes de maio

Os tres aeroportos galegos rexistraron 18.000 pasaxeiros máis que hai un ano durante o mes de maio, no que superaron os 450.000 usuarios.


Continúan os problemas no aeroporto de Peinador

Dous voos con chegada prevista nos aeroportos de Vigo e A Coruña na mañá deste venres foron desviados ao de Santiago de Compostela debido á mala visibilidade. O alcalde de Vigo critica a xestión de Aena e o "fallo clamoroso" na actuación do goberno de Mariano Rajoy.

"Goma 2 para dar a benvida aos peregrinos"

O Sindicato Labrego Galego (SLG) acaba de facer un chamamento á sociedade galega para que se mobilice contra o proxecto mineiro ante a ameaza que supón par una da principais fonte de riqueza cultural e económica: o turismo e o Camiño de Santiago. 

O comité do aeroporto de Santiago denuncia recortes no Servizo Sanitario

"O ocorrido vén corroborar a posición das representantes das traballadoras de que a eliminación do Servizo Saniario e a substitución do mesmo por un protocolo de actuación delegando no 061 está totalmente afastado de calquera criterio sanitario", condena o comité no escrito.

Aer Lingus reinicia a súa ruta directa de Santiago a Dublín
Aer Lingus relanzará a súa ruta directa de Santiago de Compostela a Dublín a partir do 27 de marzo, segundo informa a compañía de tarifas baixas.
​Cifras récord nos aeroportos galegos, que superan todos o millón de pasaxeiros

Os 4.851.762 pasaxeiros de 2017 superan o máximo rexistrado en 2007.

A cancelación de voos de Ryanair empeza a pasar factura ao sector turístico

Muxía Turismo Rural di que se anulou "algunha reserva italiana" e a empresa anuncia que aparca outros 25 avións da súa frota.

Suspendida ata outubro a folga de seguridade en Lavacolla

UXT achegou posturas con Prosegur, pero danse o mes de setembro de marxe para chegar a un acordo.

UGT suspende a folga de seguridade en Santiago a pesar de non chegar a acordo

A negociación entre o sindicato e Prosegur non deu froitos, pero os atentados cambian a situación.

Máis prazas nos voos que unen no inverno Santiago e Frankfurt

O aeroporto da capital estará conectado seis veces por semana coa cidade alemá e cun 21% máis de asentos.

Lavacolla necesita "máis conectividade" para poder competir co Porto

O director do aeroporto de Santiago celebra a chegada de Lufthansa, cuxas rutas xa teñen "bos resultados" a pesar de que acaban de empezar.

Os tres aeroportos galegos gañan pasaxeiros en abril

A Semana Santa favorece o repunte de dobres cifras en todos os aeródromos. 21 millóns de viaxeiros usaron a rede de Aena o mes pasado.

Noriega ve "pouco elegante" que Fomento lle cobre o cambio de nome de Lavacolla

O alcalde enviou unha carta a De la Serna para que reconsidere a súa posición | Cifra o cambio de marca a Rosalía de Castro en aproximadamente 50.000 euros


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE