A cancelación de voos de Ryanair empeza a pasar factura ao sector turístico

Muxía Turismo Rural di que se anulou "algunha reserva italiana" e a empresa anuncia que aparca outros 25 avións da súa frota.


|

RyanairavionequipajeEstán afectados 22 voos entre Madrid e Santiago.

A asociación Muxía Turismo Rural puxo de manifesto a súa preocupación pola cancelación de 22 voos de Ryanair no aeroporto de Lavacolla.


En concreto, a entidade mostra a súa particular preocupación pola afección que estas medidas poden ter nos turistas italianos, que incrementaron significativamente o seu número durante o verán na zona, especialmente en relación á cidade de Milán.


"Esta decisión da empresa vai afectar tanto á chegada de turistas como de peregrinos", din desde Muxía Turismo Rural, que apuntan que se anulou xa "algunha reserva italiana para finais de setembro" por este motivo.


Ademais de Italia, que este ano tivo unha "gran incidencia" nas casas rurais da zona, "os recortes de Ryanair afectarán igualmente á chegada de visitantes doutros destinos", dixo a entidade.


MÁIS CANCELACIÓNS


Mentres, Ryanair anunciou que deixará de operar rutas tamén durante a tempada de inverno, un cambio máis na planificación que afectará a 400.000 pasaxeiros con voos reservados a partir do mes de novembro.


En concreto, a aeroliña confirmou este mércores que deixará inoperativos 25 avións dos 400 que compoñen a súa frota invernal desde o día 17 de novembro ata o 18 de marzo.


Posteriormente, deixará de operar 10 aeronaves das 445 que voan a partir do mes de abril de 2018, sumando cancelacións e modificacións nos itinerarios no que a aeroliña cualificou un período de "baixo crecemento".


A compañía engadiu que enviou un correo electrónico a todos os pasaxeiros afectados polas cancelacións hoxe anunciadas.


relacionada Case todas as cancelacións de Ryanair en Galicia afecta á ruta Santiago-Madrid
relacionada As cancelacións de Ryanair afectan a dúas rutas dos aeroportos galegos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE