As cancelacións de Ryanair afectan a dúas rutas dos aeroportos galegos
Dous avións Santiago-Madrid o martes e outros dous Vigo-Barcelona o mércores son os únicos confirmados ata o momento.
Só se coñecene as cancelacións ata o 20.
As cancelacións de voos programadas por Ryanair afectarán tamén as rutas que a aeroliña opera en aeroportos de Galicia; en concreto, cancelaranse este martes dous avións entre Santiago de Compostela e Madrid, e o mércores outros dous entre Vigo e Barcelona-El Prat.
Ryanair anunciou a finais da pasada semana que cancelará unha media de 40-50 voos diarios durante o próximas seis semanas para mellorar a puntualidade, o que supoñería máis de 2.000 voos anulados ata que finalice o mes de outubro. De momento, coñécense unicamente os voos cancelados ata o mércores, día 20.
En Galicia, trátase dos voos que estaba previsto que unisen Madrid e Santiago nos dous sentidos e os que ían conectar Barcelona-El Prat con Vigo, tamén en ambas as direccións.
Escribe o teu comentario