O aeroporto de Vigo é o único que non gaña pasaxeiros no mes de maio
Os tres aeroportos galegos rexistraron 18.000 pasaxeiros máis que hai un ano durante o mes de maio, no que superaron os 450.000 usuarios.
Os tres aeroportos galegos rexistraron 18.000 pasaxeiros máis que hai un ano durante o mes de maio, no que superaron os 450.000 usuarios.
Así o reflicten as estatísticas de tráfico aéreo feitas públicas este xoves por Aena, e que revelan que as tres terminais galegas experimentaron no quinto mes do ano un incremento do 4,2% en cifra de pasaxeiros.
Por aeródromos, a maior cifra foi para Santiago de Compostela, por onde pasaron 245.963 usuarios, un 3,3% máis que hai un ano. Pola súa banda, A Coruña experimentou un crecemento de algo mais do 10%, ata os 105.202 pasaxeiros e Vigo, cun lixeiro descenso do 0,1%, quedou nos 99.319.
En canto á cifra de operacións, por Lavacolla pasaron ao longo do quinto mes do ano 1.948 voos, un 0,8% máis; A Coruña xestionou 1.566, un 6,7% máis; e Vigo 1.145, un incremento do 3,6%.
Tamén no capítulo das mercadorías, Santiago e Vigo rexistraron incrementos, do 12,3% e do 53,1%, respectivamente, mentres que Alvedro descendeu un 1,6%.
ACUMULADO ATA MAIO
Ata o mes de maio deste ano pasaron polos aeroportos galegos máis de 1,9 millóns de pasaxeiros, fronte aos 1,8 millóns que se rexistraron no mesmo período de 2017.
Por aeroportos, polo de Santiago pasaron xa 1.037.212 pasaxeiros, un 4,6% máis; mentres que o da Coruña rexistrou 477.863 usuarios, un 8,6% máis; e o de Vigo 416.488, un 9% por encima dos datos do ano pasado.
Escribe o teu comentario