A rechamante aeronave de Airbus fixo voos de proba esta mañá no Aeroporto Internacional de Vigo-Peinador.
Unha persoa que chegou a Vigo nun avión procedente de Madrid o sábado deu positivo de coronavirus. Hai 12 pasaxeiros do mesmo voo en illamento domiciliario, segundo acaba de confirmar o SERGAS a Galiciapress.
Aena reorganizará as instalacións aeroportuarias para "adaptalas ás necesidades concretas" ante a redución das operacións polas restricións de viaxes impostas para frear o coronavirus. Deste xeito, as tres terminais galegas --Lavacolla (Santiago), Alvedro (A Coruña) e Peinador (Vigo)-- seguirán abertas pero con adaptacións nos seus horarios e nos usos das súas instalacións.
Polo menos 5 falecidos e 3 feridos tras unha aterraxe forzosa na cidade de #Lviv en #Ucraína, do voo #UKL4050 avión #An_12 procedente de #EspañaVuelo chárter que cubría o roteiro entre a cidade española de #Vigo e #Lviv
Cada vez son máis as compañías que aumentan o número de conexións con distintas cidades galegas.
Os tres aeroportos galegos rexistraron 18.000 pasaxeiros máis que hai un ano durante o mes de maio, no que superaron os 450.000 usuarios.
Este mércores preséntase En-Colectivo, unha plataforma que aglutina ás persoas damnificadas polas cancelacións atrasos e desvíos de voos sufridos no Aeroporto de Penador nos últimos dous meses
Ata 12 voos non puideron aterrar este martes en Peinador debido a que un sistema de xestión da aterraxe está sendo modernizado.
Dous voos con chegada prevista nos aeroportos de Vigo e A Coruña na mañá deste venres foron desviados ao de Santiago de Compostela debido á mala visibilidade. O alcalde de Vigo critica a xestión de Aena e o "fallo clamoroso" na actuación do goberno de Mariano Rajoy.
"Eu nunca vi en ningún aeroporto de España un caos como o que se está montando en Peinador estes días, por unha absoluta imprevisión, neglixencia e ata non se se provocado polo Goberno de España que acaba de cesar", espetou Abel Caballero.
O primeiro voo directo Canarias-Vigo da compañía aérea Binter aterrará no Aeroporto de Vigo o vindeiro xoves, 3 de maio, informa a operadora ao rededor das 13:45. A aerolinea une o aeroporto de Gran Canaria e Peinador dúas veces por semana, os xoves e os domingos. Os prezos oscilan entre os 75 e os 125 euros por traxecto.
Os 4.851.762 pasaxeiros de 2017 superan o máximo rexistrado en 2007.