​(VÍDEO) Non é un paxaro, non é un cetáceo, o que sobrevoou Vigo é un avión con forma de beluga

A rechamante aeronave de Airbus fixo voos de proba esta mañá no Aeroporto Internacional de Vigo-Peinador.


|

A peculiar aeronave de Airbus fixo voos de proba esta mañá no Aeroporto Internacional de Vigo-Peinador.


A rechamante constitución do aparello espertou moitos comentarios de vigueses que afirman ver un inusual cetáceo no ceo.



Se o que parece, pero non, non lle saíron ás ás belugas, que seguen tan tranquilas nadando nas frías augas do Ártico. Algún vigués afirmará ver unha hoxe sobrevoando a súa cidade, e non lle faltará razón, pero o que viu foi unha curiosa aeronave que estivo a dar voltas á cidade olívica e realizando aterraxes e despegamentos no Peinador.



A Beluga XL, como se coñece a este modelo da compañía Airbus, estivo a facer probas no aeroporto vigués e na súa contorna. O seu tamaño -63 metros de longo por 60 de envergadura- e o seu deseño -parece tal cal unha beluga ou un dos arroaces que brincan polas rías galegas- son o máis rechamante deste transporte, que fixo que moitos sacasen a pasear a cámara para captalo en pleno voo.



Airbus realizou varios voos de proba no aeródromo de Vigo, como o voo do A-350 en 2019. Pero o voo do Beluga XL, chegado desde Toulouse, foi o que espertou máis expectación, aínda que non se trate dun avión de pasaxeiros, senón que o seu fin sexa o de transportar mercadorías. Aínda que a algúns lle custou identificalo.




Cuns ollos pintados a cada lado, co morro asemellando un fuciño e coa cabina debuxando unha especie de boca, o Beluga espertou a simpatía de moitos usuarios que compartiron as súas instantáneas ou apreciaron o rechamante desta rápida visita. 






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE