Damnificados polos atrasos e cancelacións de Peinador crean unha plataforma

Este mércores preséntase En-Colectivo, unha plataforma que aglutina ás persoas damnificadas polas cancelacións atrasos e desvíos de voos sufridos no Aeroporto de Penador nos últimos dous meses


|


Aeropuertomaletas


Vinte mil persoas resultaron afectadas polas cancelacións, atrasos e desvíos de voos sufridos no Aeroporto de Peinador nos últimos meses, segundo En-Colectivo, unha nova plataforma que busca aglutinar ás damnificadas e que se presenta este mércores 4 de xullo en Vigo.


Ante as numerosas perturbacións que sufriron os voos, nace a En-Colectivo, unha plataforma para reclamar danos e prexuízos a AENA. 


O Círculo de Empresarios de Galicia acolle ás 11.30h a presentación da plataforma da man da súa impulsor e portavoz Diego Maraña, que estará acompañado de dous de os membros do despacho xurídico no que se apoia a plataforma: Rafael Fernández Montalvo e Alberto García Ramos. 


Nos últimos meses numerosos voos víronse cancelados, atrasados ou desviados en ocasións por condicións meteorolóxicas, pero sobre todo pola desconexión do sistema de axuda á navegación aérea ILS.


Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou a AENA reforzar a atención a viaxeiros, e acusou á empresa de "neglixencia" por realizar o cambio do ILS na época en que Vigo ten máis conexións aéreas


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE