Viaqua e o Concello reforzan en Ourense as medidas de aforro de auga

O goberno pretende aforrar 2.500 litros diarios, equivalente a unha piscina olímpica, e a empresa colabora con divulgación e actuacións na infraestrutura.


|

Viaquaourensesequia


Ante a alerta por seca activada a semana pasada, que non provocou de momento restricións para a cidadanía, faise máis necesario incidir en medidas preventivas.


O concello de Ourense e Viaqua acordaron poñer en marcha unha serie de actuacións con carácter inmediato "para evitar futuras restricións na subministración de auga" na cidade, tal e como informan nun comunicado.


As medidas, presentadas esta mañá no salón de plenos, pretenden optimizar o consumo reducindo "2.500 litros diarios, a medida dunha piscina olímpica, no consumo municipal", en palabras do concelleiro José Araújo, pero tamén concienciar os particulares de que, "a pesar de que en Galicia estamos moi afeitos a que nos sobre auga, cada medida axuda a non malgastar", segundo Ana Tejeiro, directora territorial de Viaqua.


Así, as medidas tomadas desde o consistorio afectan ás fontes ornamentais, reducen as regas en xardíns municipais e limitan o baldeo para a limpeza das rúas.


En canto á concesionaria da auga, levará a cabo unha redución da presión en horario nocturno (de unha a seis da madrugada) só determinadas zonas. Unha medida que non chegará a notarse pola cidadanía con grandes cambios de caudal, segundo afirmou Francisco Bretal, responsable de Operacións de Viaqua.


Ademais, a empresa divulgará o folleto informativou "10 razóns para aforrar auga" entre asociacións veciñais, nos centros educativos e na praza de abastos.


Preténdese dar a coñecer unha serie de medidas que deberían formar parte da vida cotiá e coas que cada persoa a nivel individual colabora na sustentabilidade do recurso. Son consellos para reducir o consumo de auga en accións como lavar os dentes ou ducharse, ao utilizar a cisterna ou electrodomésticos que usen auga e no exterior da vivenda no referido a rega, limpezas ou baldeos.


Son consellos que tamén poñen a disposición de calquera cidadán a través da súa web.


E é que, tal e como afirmou Ana Tejeiro "o consumo que se fai actualmente está nuns 170 litros por habitante e día e o idóneo sería alcanzar uns 120 litros". Por iso esta campaña diríxese tamén aos adultos, con hábitos máis asentados que os nenos, que son habitualmente os destinatarios de actividades divulgativas.


relacionada Viaqua logra reducir os enganches fraudulentos en Galicia en pleno contexto de seca
relacionada Os profesionais do futuro das redes de auga empezan a formarse en Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE