Os profesionais do futuro das redes de auga empezan a formarse en Santiago

O CIFP Politécnico acolle un ciclo de FP Dual pioneiro, froito da colaboración entre Viaqua e Educación.


|

ViaquafdpdualalumnosOs estudantes recibiron a visita de Viaqua e Educación.

"O mundo ao que vos ides incorporar non ten nada que ver co que atoparon os traballadores que agora se están xubilando". Foi unha das frases que Julio Masid, o Director de Viaqua, lles dixo aos 14 alumnos do ciclo de FP Dual pioneiro que se acaba de implantar no CIFP Politécnico, de Santiago, e que este xoves recibiron a visita das autoridades.


Trátase do grao medio de Redes e Estacións de Tratamento de Augas, froito da colaboración entre a empresa de xestión da auga Viaqua e a Consellería de Educación.


Julio Masid explicou aos estudantes que estrean este primeiro curso que se trata dunha formación que lles abrirá "moitas oportunidades", pois destacou que a compañía ten máis de 500 traballadores e presenza en máis de 50 concellos de Galicia, e forma parte dun grupo multinacional, o grupo Suez, que emprega a máis de 80.000 persoas a nivel mundial.


O director de Viaqua destacou a aposta da empresa pola innovación, "e para iso somos conscientes de que temos que contar cos profesionais do futuro", pois rematarán cos coñecementos que os actuais traballadores do sector tiveron que ir acumulando con anos de reciclaxes profesionais.


"Non só imos falar de tubaxes e de bombas", lembroulles Masid, insistindo na evolución tecnolóxica do sector, que permite xestionar as redes tamén a distancia.


Rematou agradecendo á Xunta o impulso aos modelos de FP Dual. "Fainos ser privilexiados", manifestou.


Viaquafpdual

SIMBIOSE EMPRESA-EDUCACIÓN


Nesta presentación tamén interviñeron o Director Xeral de Educación, FP e Innovación, Manuel Corredoira e o director do Politécnico de Santiago, José Manuel Leis.


Leis agradeceu esta "colaboración especial entre educación e empresa" e destacou a importancia "de ser ese primeiro referente", o que outorga unhas altas "expectativas de empregabilidade", en Viaqua ou calquera outra empresa do sector.


Viaquafpdualinstalaciones

O representante da Xunta, pola súa banda, fixo extensivo o agradecemento a Viaqua, ao entender que o feito de "que a formación se achegue ás empresas é importantísimo", con ensinanzas adaptadas ao que se necesita no mundo laboral.


Manuel Corredoira destacou, ademais, "os medios que achega a empresa, materiais novos que non se atopa nos centros educativos". O froito desta "simbiose", considera que sempre redunda en beneficio de todos.


"BOA OPCIÓN DE FUTURO"


Estes primeiros días, semana e media, desde o inicio das clases, tamén están a deixar boas impresións nos estudantes. E por dous motivos, tanto "porque xa coñeces nunha empresa ao que te vas a dedicar" e porque, ademais, "ten saída laboral e é unha boa opción de futuro", expresaron dous dos alumnos.


Este primeiro ano, dos 14 estudantes, só dous son mozas, pero afirmaron que non ven ningún problema, pois "nunha contorna laboral relaciónaste con todos sen distinción" e consideraron a vantaxe de "entrar nun mercado no que aínda non hai competencia" coa súa formación.


relacionada Viaqua intensifica a limpeza da rede de sumidoiros antes de que chegue a chuvia
relacionada Galicia, á vangarda no tratamento de augas grazas a unha tecnoloxía punteira da CIGAT
relacionada Educación e Viaqua poñen en marcha o primeiro FP dual de tratamento de augas en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE