Galicia, á vangarda no tratamento de augas grazas a unha tecnoloxía punteira da CIGAT

A Unidade mixta formada pola empresa Viaqua e o centro tecnolóxico Cetaqua Galicia, acaba de lanzar con éxito a súa primeira tecnoloxía ao mercado internacional.


|

Laboratoriocigat


O Centro de Innovación Galego de Sistemas Avanzados de Tratamento de Auga (CIGAT) levou ao mercado unha tecnoloxía innovadora para o tratamento de augas residuais de industrias especiais. A súa primeira referencia será na multinacional farmacéutica SANOFI, no que supón a primeira chegada a mercado dunha tecnoloxía desenvolvida no marco desta Unidade Mixta, que xa está a ser ofertada a clientes industriais a nivel nacional e internacional, segundo informa Viaqua nun comunicado.


Esta tecnoloxía, patentada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), co-desenvolvida con Cetaqua Galicia e licenciada ao grupo SUEZ, está deseñada para o tratamento en orixe, antes de mesturarse coas augas residuais domésticas, de augas residuais industriais que conteñen determinados contaminantes, chamados emerxentes, cun potencial impacto negativo sobre a saúde e o medio ambiente, como augas hospitalarias e industriais procedentes dos sectores químico e farmacéutico.


"Estas sustancias poden causar problemas nos sistemas de depuración convencionais, xa que non están deseñados a tales efectos, polo que o tratamento en orixe resulta máis eficiente en termos económicos e ambientais, evitando así maiores investimentos nas depuradoras que existen actualmente", explican desde Viaqua.


Formada pola empresa Viaqua e o centro tecnolóxico Cetaqua Galicia, CIGAT é a única Unidade Mixta de Galicia no ámbito da auga e medioambiente, que se constitúe grazas ao apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN)


O principal obxectivo da Unidade Mixta CIGAT é o de "reducir a contaminación das augas e protexer e explotar sustentablemente os recursos hídricos galegos, promovendo o desenvolvemento e posta en mercado de tecnoloxías que contribúan á mellora e valorización dos recursos naturais".


INVESTIMENTO DE 23 MILLÓNS DE EUROS


Desde 2014, a Xunta de Galicia apoiou a posta en marcha de 24 unidades mixtas grazas a un investimento de 23 millóns de euros, que permitiu mobilizar 84 millóns e a creación de máis de 360 empregos de alta cualificación.


"Os principais obxectivos deste programa son favorecer a cooperación entre as empresas e os centros de coñecemento, impulsar a transferencia da I+D+i ao tecido industrial galego e atraer empresas foráneas cara a Galicia cun compromiso de permanencia a longo prazo", ejemplifican fontes de Viaqua.


Ademais, indican que o desenvolvemento desta tecnoloxía é un "exemplo do compromiso e a aposta deste modelo aberto de innovación de SUEZ, que demostra ter a capacidade de desenvolver solucións innovadoras". O desenvolvemento de novas tecnoloxías de tratamento de auga require "tempo e unha xestión eficiente de recursos para lograr os seus obxectivos".


"Galicia, cunha economía fortemente ligada á calidade das súas augas, sitúase deste xeito á vangarda no tratamento de contaminantes emerxentes grazas ao desenvolvemento deste produto no marco do seu programa Unidades Mixtas e ao seu potencial de internacionalización a través do grupo SUEZ".

relacionada As instalacións que xestiona Viaqua en Galicia aliméntanse de electricidade 100% renovable
relacionada Educación e Viaqua poñen en marcha o primeiro FP dual de tratamento de augas en Galicia
relacionada Os retos das industrias galegas no tratamento de auga, a debate no Gaiás

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE