Os retos das industrias galegas no tratamento de auga, a debate no Gaiás

A xornada da Unidade Mixta CIGAT en Santiago contou coa presenza de ViAQUA e Cetaqua como entidades colaboradoras


|

Jornadaaguasgaias

A Cidade da Cultura de Santiago acolleu a Xornada técnica da Unidade Mixta CIGAT 'Tratamentos descentralizados de auga: retos da industria', que contou coa presenza e participación activa de ViAQUA e Cetaqua entre outras entidades colaboradoras.


A inauguración e presentación da xornada correu a cargo do Director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez; Pilar Morgade, Directora da área de programas da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e Xullo Masid, Director de ViAQUA. Roberto Rodríguez fixo fincapé na necesidade do tratamento das augas Industriais, sinalando que 'na actualidade hai máis de 2600 puntos de vertedura tanto na costa como en canles fluviais, dos cales un 10% supoñen hoxe en día un foco de contaminación'


Na súa intervención, Pilar Morgade destacou a importancia do investimento privado na creación da Unidade Mixta CIGAT e o impulso ao desenvolvemento da comunidade galega en canto a innovación e investigación. Pola súa banda, Julio Masid, subliñou o papel da Unidade Mixta en canto á achega de solucións sustentables para o tratamento descentralizado de augas residuais.


A xornada, que contou coa asistencia de máis de 70 profesionais, estivo estruturada nun primeiro bloque no que se presentaron os retos das industrias: vitivinícola, co relatorio da adega Martín Codax; conserveira, coa presenza de ANFACO-CECOPESCA; farmacéutica, contando co Grupo Lonza e láctea, coa presentación da empresa Queizuar. Os retos comúns expostos céntranse na redución de consumo de auga, da xeración de lodos e do espazo de implantación, utilizando sistemas compactos e robustos, así como a necesidade da reutilización das augas residuais.


O segundo bloque do evento virou ao redor da innovación e a presentación de novas tecnoloxías de tratamento de augas farmacéuticas e industriais que teñen como obxectivo a súa implantación no mercado, a cargo de Francisco Omil (Universidade de Santiago), Álvaro Silva (CETAQUA) e Celia Castro (CETAQUA).


Unha mesa redonda, moderada polo Catedrático da Universidade de Santiago, Juan Lema, abordou os retos para a implantación dos tratamentos de auga descentralizados, e contou coa participación de Jesús Vázquez (Viaqua), Alex Galí (CETAQUA) e Roberto Arias (Augas de Galicia). 


A xornada técnica finalizou cun debate no que se expuxo o por que se segue apostando por tecnoloxías convencionais en lugar de novas tecnoloxías máis eficientes e economicamente máis rendibles, concluíndo coa importancia da educación e concienciación social.

relacionada Necesitamos reutilizar a auga ou non haberá para as próximas xeracións
relacionada A Xunta celebra o Día Mundial da auga concienciando sobre a súa reciclaxe

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE