As instalacións que xestiona Viaqua en Galicia aliméntanse de electricidade 100% renovable

A empresa de augas evitou en 2016 a emisión dunhas 5.000 toneladas de CO2 á atmosfera polo seu progresivo abandono dos combustibles.


|

DepuradoraviaquaEDAR de Praceres, en Pontevedra. //Foto: Viaqua


Un documento emitido pola empresa Enérgya-MV cumprindo cos requisitos establecidos pola CNMC certifica que a empresa de augas Viaqua, implantada nun gran número de concellos de Galicia, consome electricidade 100% renovable nas instalacións que xestiona na comunidade. Este certificado avala que durante o ano 2016 toda a enerxía utilizada por Viaqua procedeu exclusivamente de fontes de enerxía renovables.


Tal e como valora a compañía nun comunicado, "deste xeito ponse de manifesto o compromiso da empresa co obxectivo de conseguir que o impacto ambiental da súa pegada de carbono sexa cero". Neste sentido, informa de que, "en concreto, contribuíu á redución das emisións de CO2 á atmosfera en 4.929 toneladas no pasado ano".


É unha estratexia que levou a Viaqua á "substitución de vehículos turismos de combustión por eléctricos ou híbridos, e na frota industrial os diésel por vehículos 100% eléctricos", xunto con medidas de eficiencia enerxética (ISO 50001) nas instalacións.


Na cidade de Ourense, como exemplo, Viaqua calcula que a incorporación de tres vehículos eléctricos supuxo a redución de emisións á atmosfera de 8,7 toneladas de CO2 ao ano, tendo en conta que cada coche reduce as emisións en 56,6 gramos de CO2 por quilómetro percorrido con respecto a un vehículo diésel, un total de 2,9 toneladas de emisións menos por vehículo/ano. Emisións que tamén se reduciron noutras 8 toneladas/ano pola incorporación de catro turismos híbridos en substitución de vehículos diésel.


Neste Día Mundial do Medio Ambiente, a compañía pon o acento en que "o desenvolvemento sustentable é un asunto estratéxico e de vital importancia para Viaqua. Un obxectivo que se traduce neste compromiso pola redución do impacto ambiental tanto na loxística como nas actividades nas instalacións que xestiona con solucións sustentables que contribúen, en definitiva, ao mantemento do planeta sen comprometer os recursos e posibilidades das xeracións vindeiras".

relacionada Viaqua súmase en Santiago a un programa de conservación da biodiversidade local
relacionada ViAQUA celebra o Día Mundial da Biodiversidade co programa de voluntariado BiObserva
relacionada A auga da billa en Santiago, Ourense e Pontevedra renova o seu selo de "máxima calidade"
relacionada Educación e Viaqua poñen en marcha o primeiro FP dual de tratamento de augas en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE