A auga da billa en Santiago, Ourense e Pontevedra renova o seu selo de "máxima calidade"

ViAQUA consegue nas tres cidades a certificación ISO 22000, a máxima distinción de seguridade alimentaria e control da inocuidade da auga potable. 


|

Personabebiendoagua


As cidades de Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra contan coa auga da billa "máis saudable para consumo humano", informa Viaqua nunha nota, tras alcanzar a certificación internacional ISO 22000 que avala a máxima calidade da auga e que ViAQUA acaba de renovar pola súa xestión nos abastecementos nestas cidades unha vez superada a auditoría externa realizada por TÜV Rheinland, empresa encargada de expedir este certificado.


A certificación ISO 22000 de seguridade alimentaria e control da inocuidade da auga potable recoñece "tanto a calidade da auga que se fornece á poboación, garantindo a súa salubridade e de acordo cos criterios aplicables á industria alimentaria, como todo o proceso de produción da auga urbana que vén levando a cabo ViAQUA", como xestora do abastecemento municipal de auga nas mencionadas cidades, informa a propia empresa. 


Para conseguir este recoñecemento a empresa concesionaria incorpora os sistemas e métodos de control "máis eficaces" coa finalidade de lograr a inocuidade da auga ao longo das diferentes etapas do abastecemento, desde a súa captación ata que chega aos consumidores.


O certificado ISO 22000 foise implantando nas industrias alimentarias de referencia, e comezou a introducirse tamén nalgúns abastecementos de auga de consumo humano "entre os que destaca a nivel mundial a implantación levada a cabo polo grupo SUEZ no que se integra ViAQUA".


Esta certificación internacional de seguridade alimentaria engádese ás que xa posúe ViAQUA relativas á calidade ISO 9001, á de xestión ambiental ISO 14001, e á de seguridade e saúde laboral OHSAS 18001, confirmando "o seu compromiso co medio ambiente e con todos os seus clientes".

relacionada Obra Social 'La Caixa' e Viaqua celebran 10 anos promovendo a inclusión sociolaboral en Galicia
relacionada Viaqua xestionará os interceptores da marxe dereita da ría de Ferrol
relacionada Viaqua súmase en Santiago a un programa de conservación da biodiversidade local

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE