Viaqua xestionará os interceptores da marxe dereita da ría de Ferrol

A empresa resultou gañadora do concurso convocado por ACUAES. As instalacións recollen os vertidos de Ferrol e Narón para ser enviados á depuradora.


|

Ferrolria


A empresa de xestión da auga Viaqua resultou gañadora do concurso convocado por ACUAES (Sociedad Estatal Aguas de las Cuencas de España SA) para xestionar os interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol.


Tal e como informa a compañía nun comunicado, estas instalacións "están concibidas para recoller a totalidade de vertidos dos municipios de Ferrol e Narón, que na actualidade se derivan á ría e ríos que desembocan nela". Unha vez recollidos, conduciranos ao interceptor xeral para seren enviados á depuradora.


Con este contrato, a empresa xestionará "un total de 12 tanques de tormenta, cun volume acumulado de 26.410 metros cúbicos, asociado ás instalacións de desbaste, bombeos de auga residual, impulsións, aliviadoiros, instrumentación, automatización e telecontrol".


Viaqua informa de que tamén se ocupará do interceptor xeral que atravesa Ferrol e Narón, "recollendo as augas dos tanques de tormenta para conducilas ao bombeo da Malata, así como dos 20 quilómetros dos subtramos asociados a cada un dos tanques".

relacionada Viaqua súmase en Santiago a un programa de conservación da biodiversidade local
relacionada Catro alumnas de Santiago gañan o III Certame 'Relatos de Auga Intelixente'
relacionada 70 nenos ourensáns aprenden a facer un bo uso da auga a través de 'Minecraft'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE