Catro alumnas de Santiago gañan o III Certame 'Relatos de Auga Intelixente'

Convocado por ViAQUA, presentáronse ao concurso literario 561 traballos, un 46% máis que na II edición. 


|

Aguainteligente


Catro escolares doutros tantos centro educativos de Compostela resultaron gañadoras da terceira edición do Certame Literario 'Relatos de auga intelixente' nas categorías de ESO e Bacharelato/FP convocado por ViAQUA no ámbito dos concellos nos que a empresa xestiona o servizo de auga en Galicia.


En concreto, tras as lecturas realizadas dos traballos presentados e a comprobación de que se axustaban ás bases do concurso, a deliberación dos membros do xurado determinou outorgar os premios da categoría ESO a: Carmen Urrutia González-Fierro, alumna de 1º ESO do IES Pontepedriña polo seu relato 'Un balde de auga'; e a Noela Sanjurjo Carballeira, de 2ª ESO que cursa estudos no IES Antonio Fraguas por 'Sorte'. Na categoría de Bacharelato/FP resultaron gañadoras Tania Branco Hernández, de 2º curso de Bacharelato do Colexio La Salle polo seu traballo 'Chovía'; e Raquel Aller Domínguez, 2º Bacharelato, do IES Xelmírez I polo relato 'Afogouse na Terra'.


As gañadoras recibirán como premio un Ipad Mini, as dúas primeiras clasificadas, e un eBook, as segundas, nun acto que se celebrará en datas próximas á celebración do Día Mundial da auga (22 de marzo). Nesta terceira edición, foi merecedor do recoñecemento ao centro escolar que máis alumnos participaron no certame, o Colexio SEK Atlántico de Poio (Pontevedra).


O xurado estivo integrado, igual que en edicións anteriores, polo escritor José Antonio Perozo Ruíz; Francisco Omil, Subdirector da ETSE-USC; Sofía Viña Díaz, asesora de programas educativos da Consellería de Educación; Susana Fernández Fernández, técnica do Departamento de Explotación de Augas de Galicia; e Mª Teresa Abalde Sande, xurídica de Viaqua.

relacionada Viaqua súmase en Santiago a un programa de conservación da biodiversidade local
relacionada 70 nenos ourensáns aprenden a facer un bo uso da auga a través de 'Minecraft'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE