Aparece sen vida un home que estaba a podar unha árbore en Paradela
Só púidose certificar o falecemento e nas próximas horas realizarase a autopsia para determinar a causa.
Un home que se atopaba podando unha árbore foi achado sen vida na tarde deste pasado venres en Paradela.
Tal e como confirmou o 112 Galicia, ao redor das 18.45 da tarde recibiron un aviso da Garda Civil, na que solicitaban axuda para rescatar o corpo dun home que se caeu dunha escaleira no lugar de Cabo de Vila, en San Martiño de Castro, Paradela.
Concretamente, pedían a participación de medios de rescate para poder sacar ao home de entre os sebes. Até alí mobilizáronse os bombeiros de Sarria.
Finalmente, só púidose certificar o falecemento. Agora, realizarase a autopsia para determinar a causa.
Escribe o teu comentario