Vaca mata a un gandeiro dun golpe no Burgo, Muras
O helicóptero do 061 voou até este municipio da montaña lucense pero nada se puido facer polo home.
Un home faleceu este xoves tras ser esmagado por unha vaca na parroquia do Burgo, en Muras (Lugo).
Segundo informa o 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 19.00 horas, cando un familiar chamou á Central de Emerxencias e alertou do sucedido.
Deste xeito, activouse un operativo no que participaron os Servizos de Urxencias Sanitarias Galegos-061, que enviaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago ao lugar dos feitos, e a Garda Civil.
Escribe o teu comentario