Varios mortos nunha aterraxe forzosa dun avión procedente de Vigo

Polo menos 5 falecidos e 3 feridos tras unha aterraxe forzosa na cidade de #Lviv en #Ucraína, do voo #UKL4050 avión #An_12 procedente de #EspañaVuelo chárter que cubría o roteiro entre a cidade española de #Vigo e #Lviv 


|

Tres mortos e dous desaparecidos, segundo a axencia Tass, ao estrelarse un Antonov procedente do Aeroporto de Peinador  (Vigo) en Lviv, en Ucranía.


Antonov ucrania vigo accidente


Persoas falecidas no lugar do accidente nunha imaxe do Facebook de Igor Zinkevych


As primeiras informacións apuntan a que varias persoas morreron, tres resultaron feridas e outras dúas están desaparecidas tras a aterraxe de emerxencia que tivo que realizar este 4 de outubro na cidade ucraína de Lviv un avión An-12 procedente de España, informou o Servizo Estatal de Emerxencias de Ucraína.


A cifra de falecidos aumentou finalmente a cinco, segundo informa a BBC. Os tres feridos ademais están en condición grave, segundo o ministro de Infraestruturas 

Vladislav Krykliy.


As autoridades ucranias informan que había oito persoas a bordo, sete da tripulación e unha que acompañaba a carga. É posible, pois, que houbese algún galego no Antonov.


Segundo o sitio da operadora da nave, Ukraine Air Alliance, o  AN-12 # UR-CAH era unha nave con máis de 50 anos de voo. Estreárona os militares da URSS en 1968 e era propiedade da empresa desde 2012.


Avión estrelado en Ucraína procedente de Vigo


O Ministerio de Infraestrutura de Ucraína informou que o avión, pertencente á compañía Ukraine Air Alliance, cubría o roteiro entre a cidade española de Vigo e Lviv, pero non chegou ao seu destino por falta de combustible.  Con todo, hai que ter en conta que varias fontes e as propias imaxes da aterraxe mostra un lugar con bastante néboa, cunha visibilidade de só uns 150 metros.


As autoridades locais aseguran que o avión desapareceu do radar de aeroporto de Lviv cando se estaba aproximando, a 13 quilómetros. Depués, un dos sobreviventes informou dunha aterraxe de emerxencia chamando por teléfono. Eran as 7:29 hora local. Ás 10 horas Ucraína informou que todas as vítimas e sobreviventes estaban localizadas e fóra dos restos do avión.









Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE