Contaxio de coronavirus nun viaxeiro dun voo Madrid-Vigo provoca o illamento de 12 persoas
Unha persoa que chegou a Vigo nun avión procedente de Madrid o sábado deu positivo de coronavirus. Hai 12 pasaxeiros do mesmo voo en illamento domiciliario, segundo acaba de confirmar o SERGAS a Galiciapress.
Unha persoa que chegou a Vigo nun avión procedente de Madrid o sábado deu positivo de coronavirus. Hai 12 pasaxeiros do mesmo voo en illamento domiciliario, segundo acaba de confirmar o SERGAS a Galiciapress.
De acordo á versión dun dos illados , o voo de Iberia Express viña cheo, con centos de ocupantes. Con todo, só ordenouse o illamento dunha ducia de pasaxeiros, suponse os que sentaron máis preto do contaxiado.
Por agora, non hai ningún positivo máis. Non o pode haber Xunta non lle realizou PCR a ninguén, pero si ordenou o illamento domiciliario deses 12 contactos próximos.
"Están a chamarme todos os días para preguntarme se estou ben, pero non queren facerme a proba a non ser que presente síntomas"
Polo menos un dos illados está molesto porque non lles realizaran o test. "Están a chamarme todos os días para preguntarme se estou ben, pero non queren facerme a proba a non ser que presente síntomas", indicou a Galiciapress un dos viaxeiros en corentena, que prefire non ver publicado o seu nome.
Quéixase especialmente porque desde que chegou a Galicia convive cun familiar de 90 anos e, logicamente, teme poder transmitirlle o virus. O SERGAS envioulle un correo electrónico alertándolle do positivo no seu voo o domingo; cando o sábado, despois de aterrar, xa había comido e ceado coa súa familia.
A Consellería deféndese explicando que non realizar o test aos contactos próximos nun voo é un "é protocolo estritamente médico de seguimento do control da pandemia". A Xunta asegura ademais que é unha norma que se aplica en toda España seguindo un "protocolo do Ministerio de Sanidade".
Aínda que o voo aterrou en Peinador, "non todos" os contactos próximos en corentena son da área de Vigo. Haberá que esperar pois uns días para saber se algún desenvolve síntomas e realízanlle o test PCR.
Iberia Express oupera a liña Madrid-Vigo cun Airbus A320. Ten unha capacidade para uns 153 pasaxeiros. Segundo o testemuño do contacto illado, o voo viña cheo polo que non se podía gardar a distancia de seguridade. Iso si, o viaxeiro sinala que todo o mundo levaba a máscara como é obrigatorio e que Iberia facilitoulles toallitas con xel hidroalcohólico.
Escribe o teu comentario