​O brote da Mariña perde 21 casos nas últimas 24 horas, onde tampouco se rexistraron novos positivos

Na área de Lugo o número de casos viuse reducido en 17 casos menos e en 19 altas nas últimas 24 horas, polo que podemos constatar que onte se confirmaron dous casos novos.


|

Na área de Lugo o número de casos viuse reducido en 17 casos menos e en 19 altas nas últimas 24 horas, polo que podemos constatar que onte se confirmaron dous casos novos.


Con todo, as cifras que chegan desde A Mariña indican que a situación na zona parece normalizarse e que as medidas aplicadas están a levar á comarca para recuperar a normalidade de forma paulatina mentres a incidencia do brote perde forza.



A mellor noticia da área lucense chega desde A Mariña. Segundo notifican desde o SERGAS, nas últimas 24 horas o número de casos activos relacionadas co brote da comarca viuse reducido en 21 casos menos. É o terceiro día consecutivo de baixada nas súas cifras. Ademais, indican que todas as probas realizadas ao longo desta mañá “deron negativas, o que implica que o brote non sumou ningún positivo nesta última xornada”.


Desta maneira, atendendo ás cifras da sanidade galega, o número de casos activos na zona é de 163. Desde o 24 de xuño, momento no que estalou o brote da comarca lucense, son xa máis de medio centenar de persoas ligadas ao brote as que foron dados de alta. A continuación, recalcan que dos 163 pacientes a maioría son asintomáticos “ou presentan síntomas de carácter leve”. A pesar de todo, deben permanecer en corentena polo menos 14 días. Só dúas persoas con coronavirus están a recibir asistencia hospitalaria na Mariña e en ambos os casos a evolución é “favorable”.


Ademais, desde o SERGAS tamén indican que nin unha soa das PCR realizadas no día de onte “arroxou resultado positivo” e que nestes momentos a porcentaxe de PCR positivos “é moi baixa respecto do momento no que se adoptaron as medidas especiais para conter o brote”.


Doutra banda, os novos positivos detectados “estaban relacionados co brote”, o que permite aos investigadores coñecer o percorrido do virus para a súa detección precoz. Nese sentido, desde o SERGAS poñen en valor dos as administracións sanitarias e os profesionais que a compoñen polo seu labor durante esta crise, ademais de instar á cidadanía en manter vixentes as medidas de seguridade e hixiene, como a distancia de seguridade, o uso de máscaras ou lavar con frecuencia as mans.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE