Ryanair pretende cobrar axudas de Vigo sen dicir que conexións haberá en Peinador

O goberno municipal de Vigo advertiu á aerolínea Ryanair de que non transixirá nas condicións nas que ofertará as axudas aos voos, e rexeitou as pretensións desta empresa de poder optar a esas subvencións sen ter que concretar nin a orixe, nin o destino nin as frecuencias das conexións.

|

O goberno municipal de Vigo advertiu á aerolínea Ryanair de que non transixirá nas condicións nas que ofertará as axudas aos voos, e rexeitou as pretensións desta empresa de poder optar a esas subvencións sen ter que concretar nin a orixe, nin o destino nin as frecuencias das conexións.


Abel Caballero, Na Sala De Prensa Da Alcaldía De Vigo


Así o trasladou en rolda de prensa o alcalde olívico, Abel Caballero, quen lembrou que o goberno municipal está en pleno proceso de redacción do prego de condicións para a próxima convocatoria do concurso de promoción turística dirixido ás aerolíneas.

Segundo asegurou o rexedor, Ryanair manifestou que está a ter "serias dificultades" nas conexións que opera, e trasladou ao Concello a petición de que poida optar ao próximo concurso sen ter que concretar nin orixe nin destino dos voos, nin tampouco as frecuencias.

CABALLERO NEGOCIA OUTRAS CONEXIÓNS
"A nosa formulación é completamente diferente. Non imos transixir, porque unha vez feito o contrato, poderían deixar de voar desde Vigo", proclamou Abel Caballero, quen avanzou que xa está a negociar con outras compañías, ante a eventual retirada de Ryanair (que voa desde Peinador a Barcelona, Londres e Dublín).


Ryanair presidente 1

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE