Reforzo dos autobuses aos aeroportos pola folga de taxis
O Goberno galego dirixiuse ás compañías concesionarias das liñas de autobús interurbano, que unen a cidade da Coruña co aeroporto de Alvedro e o centro de Santiago coa terminal de Lavacolla, para pedirlles que reforcen a súa frota para minimizar os prexuízos aos viaxeiros pola folga do taxi.

No caso de Peinador, ao realizarse este servizo mediante unha liña urbana, depende do Concello de Vigo, segundo subliña a Xunta nun comunicado.
Ademais, subliña que a dá Consellería de Infraestruturas e Vivenda participará este mércores na Conferencia Nacional do Transporte convocada polo Ministerio de Fomento.
"A Xunta mantén o seu compromiso para seguir traballando, como ata agora, na defensa da competencia leal e da seguridade dos usuarios no sector do transporte público en vehículos de turismo", afirma no comunicado.
Escribe o teu comentario