Dous voos a Londres e Barcelona deixan Vigo por Santiago

Ryanair confirmou o pasado venres a través dunha carta ao Concello de Santiago a súa intención de trasladar a Lavacolla as ligazóns a Barcelona e Londres que elimina de Vigo tras a súa decisión de deixar de operar no aeroporto de Peinador.

|

Ryanair confirmou o pasado venres a través dunha carta ao Concello de Santiago a súa intención de trasladar a Lavacolla as ligazóns a Barcelona e Londres que elimina de Vigo tras a súa decisión de deixar de operar no aeroporto de Peinador.



Lavacolla

Nova terminal de Lavacolla


Así o confirmou este luns, en declaracións aos medios, a edil de Turismo de Santiago, Marta Lois, que precisou que, "de momento", as ligazóns que comezarán en Santiago serán os de Barcelona e Londres.


Esta decisión é, para Lois, unha "moi boa noticia" para o aeroporto compostelán, que o reforza como "referente de conectividade internacional e nacional" e "potencia aínda máis" as súas operacións.


CRÍTICAS A CABALLERO

Finalmente, a concelleira rexeitou a actitude do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que a fin de semana "deslizaba que quizais era a Xunta a que estaba detrás da decisión de traer a operativa a Santiago". 


Marta Lois negou este extremo e afeou a Caballero que "non queira asumir a súa mala xestión na política aeroportuaria" fronte á "potencia" de Lavacolla e o "bo traballo equipo de goberno".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE