Redes de tráfico de persoas usan Galicia como ponte cara as Illas Británicas

Axentes da Policía Nacional detiveron esta semana a outras cinco persoas, de nacionalidade estranxeira, con documentación falsa no Aeroporto de Santiago de Compostela.


|

Axentes da Policía Nacional detiveron esta semana a outras cinco persoas, de nacionalidade estranxeira, con documentación falsa no Aeroporto de Santiago de Compostela.



Pasaxeiros Embarcan No Aeroporto De Lavacolla

Un pasado control de embarque en Lavacolla


RUMBO A DUBÍN E REINO UNIDO

Segundo informou a Comisaría da Policía Nacional de Santiago, foi detido un home de orixe xeorxiana con documentación falsa de Eslovaquia e outro de orixe chino con pasaporte falso de Hong Kong.


Ambos foron interceptados cando pretendían embarcar en senllos voos destino Dublín (Irlanda) e Reino Unido desde o Aeroporto de Santiago o pasado 4 de decembro.


En base a investigacións realizadas pola Policía Nacional tívose coñecemento de redes nas que cidadáns de países do Leste e antigas repúblicas soviéticas, "utilizan rutas cara a Reino Unido e Irlanda, ben de forma directa ou a través de terceiros países", explica a Policía, con documentación falsificada de países limítrofes ao seu de orixe, "dadas as similitudes culturais usando dita documentación para desprazarse dentro do espazo Schengen".


Así, tras detectar varias irregularidades nos documentos achegados por estes cidadáns os axentes corroboraron que eran falsos, xa que as súas verdadeiras identidades, así como a súa orixe, eran de Xeorxia e China, polo que procederon á súa detención e o seu posterior traslado a dependencias da Comisaría da capital compostelá para continuar as dilixencias policiais.


TRES ARRESTOS MÁIS

Días antes os axentes do posto fronteirizo procederon á detención doutros tres cidadáns estranxeiros por un suposto delito de falsidade documental ao presentar no control levado para o efecto, cartas de identidade de Romanía falsas.


A Policía explicou que con elas pretendían embarcar nun voo destino Dublín e mesmo lles acompañaba un menor de idade tamén con documentación falsa. Por todo iso os funcionarios procederon á detención dos tres adultos, todos eles orixinarios de Xeorxia.


A intervención policial foi realizada por funcionarios pertencentes á Brigada Local de Estranxeiría e Fronteiras de Santiago de Compostela e os feitos postos en coñecemento da autoridade xudicial competente.


Segundo os datos facilitados pola Policía Nacional, no Aeroporto de Santiago de Compostela este ano este corpo de seguridade detivo a 19 persoas de varias nacionalidades (Xeorxia, Moldavia, Irán e China) nos controis de pasaportes realizados aos pasaxeiros con destino Reino Unido e Irlanda, todos eles por viaxar con documentos de viaxe falsos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE