Os tres aeroportos galegos gañan pasaxeiros en abril

|

Avionaeropuertovolarturismo


Os pasaxeiros transportados nos tres aeroportos galegos creceron en abril respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo os datos que publica este venres Aena.


En concreto, o maior incremento foi o experimentado por Peinador, en Vigo, cun 21,2% máis de pasaxeiros. En Santiago, Lavacolla rexistrou un aumento do 18,1%.


Pola súa banda, a terminal de Alvedro, na Coruña, anotouse un repunte no número de pasaxeiros do 11,9% durante o cuarto mes do presente exercicio.


21 MILLÓNS EN TODA ESPAÑA


Os aeroportos da rede de Aena rexistraron en abril máis de 21 millóns de pasaxeiros, un 16,8% máis que no mesmo mes de 2016, un crecemento que se viu favorecido pola celebración este ano da Semana Santa, cun incremento do 9,3% no número de operacións e un aumento do 5,2% en transporte de carga.


No primeiro cuadrimestre do ano, os aeroportos españois superaron os 66,4 millóns de pasaxeiros, un 9,4% máis, cun total de 607.000 movementos de aeronaves de xaneiro a abril (+6,3%) e un incremento do 10,7% no transporte de mercadorías por vía aérea, segundo os datos publicados hoxe polo xestor aeroportuario.


En abril, o número de viaxeiros que pasaron polos aeroportos españois da rede foi de 21,02 millóns, dos cales 11,8 millóns viaxaron en voos internacionais (+18,7%) e 6,1 millóns fixérono en voos nacionais, un 13% máis.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress