Onte as compañías que explotan a antiga mina de cobre de Touro-O Pino aseguraron que "as augas de choiva" que chegan ao depósito de decantación de Bama "cumpren os parámetros esixibles pola normativa e non afectan o medio natural". Hoxe os veciños responden asegurando que as mineiras amenten e o que o Brandelos, o río que pasa pola zona, é "un río morto" debido ás filtracións. Como proba, remiten un vídeo no que, efectivamente, vese que a balsa desborda ao río.
Atalaya Minning, a multinacional que pretende abril a mina de Touro, ten o seu a outro gran negocio en España nas Minas de Río Tinto, en Huelva. Alí subcontratou os labores de voaduras a Insersa. O responsable de custodiar os explosivos acaba de ser detido por roubalos. Vídeo no interior.
Lavandeira, quen chamou “iluminados”, aos opositores á explotación ten cargos en empresas de Chipre e tivo de Panamá. En declaracións a Galiciapress, o enxeñeiro e Atalaya Minning defenden a súa traxectoria.
A Comisión de Cumprimento do Convenio de Aarhus decidiu aceptar a queixa presentada por entidades galegas hai un ano, a pesar da oposición de España. A denuncia versa sobre ocultación de información na aprobación de varias minas.
Os veciños denuncian que a empresa Cobre San Rafael realizaría máis de 360 sondaxes de maneira ilegal e sen licenza municipal.
Un vídeo mostra como Ignacio Codesido (PP) rasga abertamente uns papeis, que a oposición asegura eran os documentos que lle acababan de entregar veciños críticos coa explotación que Atalaia Minning pretende reabrir en Touro.
O comezo do seu despegamento coincide no mesmo mes no que o proxecto de activación da mina de Touro publicouse no DOG.
O acto de presentación da apertura da mina de Touro deste martes trouxo consigo máis polémica e botou máis leña ao lume, nun proxecto xa de seu controvertido ao redor das graves consecuencias ambientais que carrexa a súa posta en marcha.
Afirma que "non vai haber suficiente xente" nos pobos dos arredores para os 400 empregos que prevé crear, indefinidos "ao 90%" .
A concelleira e secretaria xeral do PSOE, Rocío Díaz, non considera "negativos" os resultados da actividade mineira, pero critica a ausencia dun convenio que garanta a contratación de veciños.
As xornadas trataron sobre a a Lei de Fomento da implantación de iniciativas empresariais, de acordo a Aldea Viva, "barra libre" para o sector mineiro
“Acusacións sen fundamento e non tolerables”. Así, con evidente enfado, cualifica a Xunta de Galicia as afirmacións de Edgewater. A mineira á que paralizaron o proxecto de Corcoesto dixo en varias instancias xudiciais que lle pedían subornos -mesmo para o presidente- a cambio de que o Goberno dese luz verde á explotación. A Xunta denunciounos, pero agora sábese que a Xustiza non ve difamación nas acusacións dos canadenses.
A Audiencia Provincial da Coruña desestimou o recurso de apelación que interpuxo a Xunta contra Edgewater. O goberno denunciara por calumnias á mineira de Corcoesto por afirmar nos xulgados que “tería que pagar 1,5 millóns de euros” para lograr os permisos e que “eses fondos distribuiríanse entre altos cargos da Xunta, incluíndo ao presidente Feijóo e ao Sr. Tahoces [ Bernardo Tahoces, o director xeral a cargo da tramitación do permiso]”.
Os críticos coa mina lograron mobilizar parte do importantísimo sector marisqueiro da Ría, alertando do perigo das filtracións. A multinacional responde contratando un estudo científico a un organismo público oficial.
Aldea Viva, un dos grupos veciñais contrarios á mina de Touro - O Pino, filmou a vista de paxaro o impacto da vella mina de cobre, que agora pretende abrir e ampliar a multinacional Atalaia Minning. No vídeo, apréciase perfectamente como as antigas balsas desbordaron por mor dos temporais, botando auga de cor ferruxenta.
Contratar 400 traballadores directamente e xerar así ata 1.400 empregos en total. Este é o principal argumento que enarboran os defensores da megamina que Atalaya Mining pretende reabrir en Touro- O Pino. Unha promesa que queda en dúbida ao observala forte polémica actual nas minas de Río Tinto, a outra gran explotación mineira que Atalaya explota en España.
Nós Televisión e TingaLaranga Audiovisual presentan este mércores 'Touro O Pino, A ameaza do cobre', unha produción audiovisual de 55 minutos enfocado nesta problemática
A borrasca 'Félix' foi a principal causa do problema, que de acordo á asociación Aldea Viva causou "abundantes espumas e unha secreción leitosa" que atravesa sen problemas as medidas de seguridade establecidas
A Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON remite un vídeo sobre unha nova vertedura. Neste caso é no Río Portapego, afluente do Río Ulla, e que atravesa a zona onde operaba a antiga canteira e a anterior mina de cobre, zona que Atalaia Minning quere volver explotar. O río corre de cor marrón con manchas de escuma.