Os veciños de Touro responden as mineiras: "A balsa filtra e o río está morto" (VÍDEO)

Onte as compañías que explotan a antiga mina de cobre de Touro-O Pino aseguraron que "as augas de choiva" que chegan ao depósito de decantación de Bama "cumpren os parámetros esixibles pola normativa e non afectan o medio natural". Hoxe os veciños responden asegurando que as mineiras amenten e o que o Brandelos, o río que pasa pola zona, é "un río morto" debido ás filtracións. Como proba, remiten un vídeo no que, efectivamente, vese que a balsa desborda ao río.


|

Onte as compañías que explotan a antiga mina de cobre de Touro-O Pino aseguraron que "as augas de choiva" que chegan ao depósito de decantación de Bama "cumpren os parámetros esixibles pola normativa e non afectan o medio natural". Hoxe os veciños responden asegurando que as mineiras menten e o que o Brandelos, o río que pasa pola zona, é "un río morto" debido ás filtracións. Como proba, remiten fotos e un vídeo no que, efectivamente, vese que a balsa desborda ao río.



K3S1841


Isto provocou unha denuncia ante Medio Ambiente e a Xunta abriu un expediente. Aldea Viva argumenta que as instalacións de recuperación de augas "non existen" polo que o desbordamento ao Río Brandelos é "inevitable" en épocas de importantes choivas, como suece agora. Ademais, aseguran que a balda está mal impermeabilizada, polo que de feito sécase completo en tempo de seca, como pasou ao principio do inverno.


O resultado é "un río morto, como pode comprobar calquera que pasee pola súa ribeira". Aldea Viva critica que as mineiras utilicen o termo "comunidade científica" para defender unhas instalacións sobre as que pesa un expediente de contaminación. Ademais, uns recentes análises de ADEGA confirmaron a acidez das augas procedentes da zona.


O debate de fondo é se a multinacional Atalaya Minning debe reabir a mina para extraer cobre outra vez (agora só se usa a mina como canteira e lugar de depósito de restos). Os fregueses, visto o que pasou coa anterior mineira, agora desaparecida, non se fian que Atalaya vaia cumprir a súa promesa de rehabilitar a zona despues dos 25 anos que di estará en funcionamento a nova mina. Unha explotación que, ademais, multiplicará o tamaño da antiga actividade de Río Tinto Patiño.



relacionada Os veciños de Touro responden as mineiras: "A balsa filtra e o río está morto" (VÍDEO)

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE