Órgano da ONU expedienta a España polas minas de Galicia
A Comisión de Cumprimento do Convenio de Aarhus decidiu aceptar a queixa presentada por entidades galegas hai un ano, a pesar da oposición de España. A denuncia versa sobre ocultación de información na aprobación de varias minas.
A Comisión de Cumprimento do Convenio de Aarhus decidiu aceptar a queixa presentada por entidades galegas hai un ano, a pesar da oposición de España. A denuncia versa sobre ocultación de información na aprobación de varias minas.
O Convenio de Aarhus garante os dereitos de información e participación xudicial sobre as decisións gobernamentais ao redor da explotación dos recursos naturais, como os mineiros. Este tratado internacional, ratificado por España, salvagarda a conservación do ambiente en condicións de saúde.
A queixa ante a ONU partiu de diversas entidades integrantes na rede ContraMINAcción. Foi presentada hai un ano e admitida a trámite o 15 deste mes.
Os denunciantes apuntan “ás responsabilidades da Dirección Xeral de Enerxía e Minas”, da Consellería de Industria. Un dos membros da citada rede, a Asociación Petón do Lobo, lembra que “as resolucións de 2008 e 2009 dos proxectos de Santa Comba e San Finx establecían o condicionante de seren sometidos ao trámite de avaliación de impacto ambiental, aspecto que ignorou a seguir o seguinte e actual director xeral de Enerxía e Minas Ángel Bernardo Tahoces”.
En opinión dos ecoloxistas, Tahoces oculta información por sistema para favorecer ás mineiras. Os denunciantes relacionan esta actitude con casos como o desbordamento das balsas da vella mina de Touro, cuxa reapertura é precisamente o expediente máis importante que pasou pola mesa do director xeral.
Dado que é un convenio internacional, será o Ministerio de Medio Ambiente quen teña que informar a este órgano da ONU de se a Xunta está cumprir coas súas obrigas de transparencia no referido non só as citadas minas, senón ao sector en xeral. Nin Estado nin Xunta deron polo de agora a súa valoración da apertura do expediente.
Reunión da rede Contraminación
Escribe o teu comentario