Atalaya Mining subiu un 60% en bolsa desde o anuncio da mina de Touro

O comezo do seu despegamento coincide no mesmo mes no que o proxecto de activación da mina de Touro publicouse no DOG.


|


Alberto Lavandeira, á esquerda, nunha sondaxe para reactivar a mina de Touro


Atalaya Mining, a principal impulsora da apertura da mina de Touro, subiu en bolsa ao redor dun 61,83% desde mediados de agosto do 2017 ata marzo de 2018. O inicio do seu despegamento coincide no mesmo mes no que o proxecto se publicou no DOGA, dando o pistoletazo de saída á oposición de decenas de asociacións, entidades científicas e veciños debido aos riscos ambientais e socioeconómicos que trae consigo.



ChartBuilder


Atalaya Mining é unha multinacional mineira que ten ao seu cargo os proxectos Touro en Galicia e de Minas de Riotinto en Andalucía. A empresa titular da histórica mina de Huelva non estivo exenta de polémica no desenvolvemento das súas explotacións, e tras non reportar beneficios entre 2012 e 2015, foi a partir de 2016 cando Atalaya Mining comezou a súa crecente melloría.


En febreiro de 2017, a multinacional interesaríase no proxecto da mina de Touro e na adquisición de Cobre San Rafael, a empresa titular dos dereitos de explotación do terreo mineiro. Despois de analizar a potencialidade da zona en materia de produción de cobre, en xuño do mesmo ano Atalaya Mining pasou a ser a principal accionista de Cobre San Rafael, chegando a controlar un territorio de ata 122,7 quilómetros cadrados, extensión que se consolida como un dos  grandes temores dos detractores da mina.


Entre a adquisición de Cobre San Rafael e a publicación do proxecto no DOGA, comezou en agosto o ascenso meteórico en bolsa de Atalaya Mining, que desde o inicio do conflito viu mellorada a súa posición ao redor dun 60%.

Actualmente, a multinacional ve factible a apertura da mina a pesar das accións dos seus numerosos detractores, e considera na súa recente presentación a posibles investidores que Galicia é “prol mineira e autónoma”.


Ao longo de 2016, Atalaya Mining xerou ingresos de ata 98 millóns de euros, reportando por primeira vez en catro anos beneficios de ata doce millóns. Entre os seus activos correntes e non correntes, a empresa sumou un total de 300 millóns de euros, unha cantidade que non cesou no seu crecemento desde 2012, mentres que o total do seu patrimonio e recursos propios (Total Equity), por último, ascendeu de 63 a 188 millóns de euros de 2012 a 2016.


A falta de recursos propios e músculo financieiro foi o motivo que, no seu día, a Xunta alegou para parar a última hora o proxecto da mina de oro en Corcoesto. Unha deficiencia que, nun principio, non sofre o proxecto de Touro - O Pino.

relacionada Acusan a Atalaya Mining de "insultar e menosprezar" aos detractores da mina de Touro
relacionada Atalaya Mining, segura da reactivación de Touro, desacredita todas as acusacións de "iluminados"
relacionada A empresa da mina de Touro propón agora estudar o impacto na Ría de Arousa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE