A empresa da mina de Touro propón agora estudar o impacto na Ría de Arousa

Os críticos coa mina lograron mobilizar parte do importantísimo sector marisqueiro da Ría, alertando do perigo das filtracións. A multinacional responde contratando un estudo científico a un organismo público oficial.


|

Os críticos coa mina lograron mobilizar parte do importantísimo sector marisqueiro da Ría, alertando do perigo das filtracións. A multinacional responde contratando un estudo científico a un organismo público oficial.



28468366 155481858501897 4664289340548263110 n

Charla crítica coa mina de Cabo de Cruz


O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a empresa que impulsa o proxecto da mina de Touro, Cobre San Rafael S.L., filial da multinacional Atalaya Minning, prometen a elaboración dun estudo para definir a influencia da explotación mineira na composición de metais, materia orgánica e nutrientes das augas e os sedimentos do río Ulla e a súa afluencia na ría de Arousa.


O MAIOR RECURSO PESQUEIRO DO PAÍS EN


En concreto, segundo informa a empresa nun comunicado, o traballo estará dirixido polo Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do CSIC, liderado polo profesor de investigación Ricardo Prego, e realizarase a partir do mes de abril en puntos de control fixados no percorrido fluvial do Ulla, desde a presa de Portodemouros ata a cabeceira da ría.


O proxecto, tal e como explica Cobre San Rafael, servirá para coñecer o estado hidroquímico actual do río Ulla e da súa desembocadura na ría de Arousa --onde se aloxa "a principal industria pesqueira e marisqueira de Galicia"--, con especial atención ás achegas dos afluentes Deza, Sar, Brandelos, Beseña, Lañas e a presa de Portodemouros.


Deste xeito, o estudo creará unha base de datos como referencia para establecer a influencia real da minería sobre a calidade das augas fluviais, ademais de poder detectar cambios futuros na calidade da auga que o Ulla verte na ría, así como a orixe destas alteracións.


Os CRÍTICOS LOGRAN MOBILIZAR AOSMARISCADORES DE AROUSA


Cobre San Rafael promete que os traballos na mina de Touro comprenderán 15 anos dunha operación "responsable e comprometida co medioambiente", coas "últimas tecnoloxías do sector" e "sen utilizar substancias tóxicas nin perigosas". 


Unhas promesas que non convencen a gran parte dos veciños, que levan meses mobilizándose contra a reapertura. Un dos argumentos dos críticos é, precisamente, que as grandes balsas da nova explotación supoñen un enorme risco tanto para as granxas próximas como para a pesca e o marisqueo en Arousa.


Como exemplo do potencial problema sinalan á situación actual. Balsas moito menores da actual mina -a canteira e a anterior mina de cobre- teñen filtracións e desbordes regularmente, contaminando os ríos locais de modo evidente, con auga de cor metálica.  Quen garante que algo similar non sucederá coas novas balsas?


As asociacións locais levaron estes argumentos ás confrarías de traballadores do mar de Arousa, conseguindo importantes asistencias ás súas charlas en lugares como O Grove. Agora a empresa move ficha para contrarrestar este impacto, contratando un estudo cientrífico.


Unha investigación de parte, pois quen ten a última palabra é, á fin e ao cabo, a Xunta, quen segue estudando se lle dá luz verde. 


PROMESAS DUNHA RESTAURACIÓN TOTAL


Atalaya promete que, de forma paralela á explotación mineira, restaurará as instalacións. "Non deixará ocos mineiros ao final da mesma, senón superficies limpas, seguras e reintegradas na paisaxe, listas para o seu aproveitamento en desenvolvementos alternativos", asegura. Así, Cobre San Rafael sostén que o proxecto supón "unha gran oportunidade de dinamizar social e economicamente a comarca", posto que o emprego "alcanzará as 400 persoas" da contorna "máis próxima" da zona.

relacionada ​Vídeo: “O desastre ambiental causado pola mina de Touro a vista de dron”
relacionada ​A empresa da mina de Touro contrata traballadores portugueses

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE