Vídeo: “O desastre ambiental causado pola mina de Touro a vista de dron”
Aldea Viva, un dos grupos veciñais contrarios á mina de Touro - O Pino, filmou a vista de paxaro o impacto da vella mina de cobre, que agora pretende abrir e ampliar a multinacional Atalaia Minning. No vídeo, apréciase perfectamente como as antigas balsas desbordaron por mor dos temporais, botando auga de cor ferruxenta.
Aldea Viva, un dos grupos veciñais contrarios á mina de Touro - O Pino, filmou a vista de paxaro o impacto da vella mina de cobre, que agora pretende abrir e ampliar a multinacional Atalaia Minning. No vídeo, apréciase perfectamente como as antigas balsas desbordaron debido a os temporais, botando auga de cor metálica.
Os veciños publican as imaxes e ao mesmo tempo arremeten contra a Xunta por usar “fondos públicos para promocionar á patronal do sector extractivo que apoia á mina de Touro”. A Administración colabora coa organización da xornada "Novidades da Lei 5/2017. Garantías para a rehabilitación de espazos mineiros", que organiza a Cámara Oficial Mineira este sábado en Santiago de Compostela.
Para Aldea Viva, as bases argumentais da xornada non se sosteñen. Na súa opinión, “falar de garantías para a rehabilitación de espazos mineiros tendo en conta a situación actual das canles fluviais na zona de Touro e o pasado tanto de Atalaia Mining como de Explotacións Galegas é pouco menos que unha quimera”.
Así, lembran que o río Portapego xa está contaminado, por exemplo con valores de ferro “1.000 veces” superior ás recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS). Por iso cren que a imaxe de minería responsable que promove a citada xornada é unha falacia, “un termo interesado pola propia industria”.
Escribe o teu comentario