Vídeo: Alcalde de Touro rompe no Pleno os papeis dos críticos coa mina

Un vídeo mostra como Ignacio Codesido (PP) rasga abertamente uns papeis, que a oposición asegura eran os documentos que lle acababan de entregar veciños críticos coa explotación que Atalaia Minning pretende reabrir en Touro.


|

Un vídeo mostra como Ignacio Codesido (PP) rasga abertamente uns papeis, que a oposición asegura eran os documentos que lle acababan de entregar veciños críticos coa explotación que Atalaia Minning pretende reabrir en Touro. 


Segundo asegura a Marea de Touro, "o alcalde mostrou unha falta de empatía e solidariedad preocupante rompendo os papeis que lle entregasen os asistentes, nos cales se lle lembraba as competencias ambientais que posúe e ten obrigación de executar".


Comunicado prensa


No vídeo de Nós TV non se aprecia se eses eran os papeis que ostentosamente rasga o político, pero a emisora, presente no Pleno, asegura que efectivamente era a citada documentación. 


Ignacion Codesido e o seu homólogo, tamén conservador, do Pino manteñen unha defensa pechada do prooyecto, que promete xerar 400 postos de traballo directos. Desde Marea de Touro piden a súa dimisión tras este último incidente e por supostamente poñer os intereses de Atalaia Minning por diante dos dos seus veciños.

relacionada Atalaya Mining subiu un 60% en bolsa desde o anuncio da mina de Touro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE