Festival contra a mina de Touro
Os veciños de Touro seguen mobilizándose contra a mina que Atalaya Minning pretende reabrir. Nesta ocasión a protesta terá carácter festivo, a través dun festival previsto para o 5 de maio. Por outra banda, haberá unha charla informativa nos próximos días mentres novos concellos seguen pronunciándose en contra do polémico proxecto.

En Bama, parroquia veciña á mina, está prevista a actuación de sete grupos de música de raíz da comarca: Os do Xalo, Reviravolta, Fiadeira, Fedellos e VouVirVouVer. A celebración empezará ás 18 horas no campo da festa.
A organizadora é a Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino Non, un dos grupos máis activos contra o proxecto da multinacional. Desde o colectivo anímase a participar en "esta xornada festiva contra a mina" e pídese a colaboración da cidadanía para completar o cartel do evento.
Ademais, a Platorma continúa co seu labor de concienciación. Por exemplo, organiza unha charla informativa para os propietarios veciños , que poderían ser expropiados no caso de que a Xunta autorice a reapertura e non cheguen a un acordo amigable con Atalaya Minning. A charla será impartida por Calixto Escariz Avogados o venres na Casa dá Cultura de Arca.
No aspecto político, nos últimos días Carnota sumou o seu nome á lista de concellos que xa se posicionaron oficialmente contra a mina.
Escribe o teu comentario