​“Coñecemos de primeira man a impunidade das mineiras”, denuncian veciños da mina de Touro

Atalaya Minning pretende explotar a mina de cobre durante 25 anos e logo promete rexenerar a zona. Algo que non convence aos veciños de Cornado ante a experiencia de convivir coas consecuencias da antiga mina. Onte reuníronse para debater o problema. A conclusión, rexeitamento rotundo a un proxecto que promete 400 empregos.


|


Atalaya Minning pretende explotar a mina de cobre durante 25 anos e logo promete rexenerar a zona. Algo que non convence aos veciños de Cornado ante a experiencia de convivir coas consecuencias da antiga mina. Onte reuníronse para debater o problema. A conclusión, rexeitamento rotundo a un proxecto que promete 400 empregos.



Cornado Mina Non


Outro colectivo veciñal dá un paso adiante para criticar a mina que Atalaya Minning pretende reabrir en Touro. Son os veciños dunha das parroquias afectadas, Cornado, que se xuntan para “rexeitar o proxecto mineiro”.


A veciñanza de San Tirso de Cornado reuniuse este domingo para coñecer a fondo os detalles do proxecto de apertura da mina de Touro. A charla foi organizada polos propios veciños ante “a falta de información achegada pola administración”.


Os afectados quéixanse de que “esta parroquia leva anos sufrindo as consecuencias da minería a ceo aberto a través das augas do río Lañas e Ulla, polo que coñece de primeira man a impunidade coa que actúan as empresas mineiras”.


É necesario lembrar que alí operaron durante décadas outras mineiras. Agora abandonada, a vella mina é un foco de problemas ambientais, cunha balsa que filtra auga contaminada aos ríos da zona.


Nun comunicado, os veciños trataron o impacto da nova explotación, como as nubes de po derivadas das explosións, o risco “moi alto de fallo das balsas” (de tamaño varias veces maior que a actual abandonada) ou o paso dunha nova liña de alta tensión pola parroquia.


A través da recollida de firmas levada a cabo pola veciñanza na proxección do documental A ameaza do cobre, realizado por Xosé Bocixa co patrocinio de NosTV, a maioría dos reunidos este domingo “mostrou con rotundidade o seu rexeitamento ao novo proxecto mineiro, ao mesmo tempo que instan as autoridades competentes á actuar para emendar a contaminación nos ríos do concello”.

relacionada Os veciños de Touro responden as mineiras: "A balsa filtra e o río está morto" (VÍDEO)
relacionada Deteñen ao responsable de explosivos dunha mina da empresa que pretende reabrir Touro (VÍDEO)
relacionada ​Os activos en paraísos fiscais do director da mina de Touro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE