Varias asociacións critican o apoio da Xunta ás xornadas da Cámara Oficial Mineira

As xornadas trataron sobre a a Lei de Fomento da implantación de iniciativas empresariais, de acordo a Aldea Viva, "barra libre" para o sector mineiro


|


Contaminaciu00f3n mina de Touro

Contaminación dos ríos pola mina de Touro. Fonte: Salvemos Cabana


Distintas asociacións ambientais da Costa da Morte, entre as que se atopan Petón do Lobo, Salvemos Cabana, Cova Crea e Ouriol do Anllóns, critican o apoio da Xunta de Galicia á xornada organizada pola Cámara Oficial Mineira, entidade a favor do proxecto mineiro de Touro e O Pino, sobre a Lei de Fomento da implantación de iniciativas empresariais. Para a asociación Aldea Vida, a Administración galega non pode ser “xuíz e parte” ao colaborar con esta organización.


De acordo a un comunicado de Salvemos Cabana, para o conxunto de asociacións resulta “lamentable que o Goberno Galego aproveite este tipo de eventos para promocionar unha lei rexeitada pola cidadanía”, sendo Galicia unha das zonas con maiores desastres ambientais provocados polo sector extractivo, que ejemplifican co cume do Monte Neme, a contorna da antiga mina de Touro ou a zona louseira da Comarca de Valdeorras.


Lembran, ademais que se trata de lugares onde a propia Administración “incumpriu de maneira reiterada a normativa comunitaria sobre o deber dos Estados de restaurar os terreos das antigas explotacións mineiras.” Tendo en conta algúns destes casos, Aldea Vida defende que falar nestas xornadas de “garantías para a rehabilitación de espazos mineiros” é “pouco menos que unha quimera”.


No caso de Touro, Aldea Viva recorre aos datos das análises das augas procedente do río Portapego e o regacho de Puxeiras realizados polo Laboratorio de Enxeñería Química da Universidade da Coruña, que fan da situación de partida en Touro unha “absolutamente insustentable”. Ambos os cursos fluviais presentan altos niveis de níquel, zinc, cobre, aluminio, ferro ou manganesio, superando “amplamente as recomendacións da OMS e os criterios sanitarios para auga potable”.


A LEI 5/2017, “BARRA LIBRE” PARA O SECTOR MINEIRO


O conxunto de entidades de defensa ambiental lembran que a Lei 5/2017 supón unha “serie de facilidades nunca vistas para a imposición de proxectos extractivos por todo o territorio galego”, que axiliza as tramitacións tanto para “a implantación das actividades mineiras como para o seu cesamento e desafección do chan ocupado”, e refórzase a expropiación forzosa con “a utilización torticera” do concepto de "utilidade pública". Unha forma de “barra libre” para o sector mineiro, de acordo a Aldea Viva.


Así, as empresas poderán incorporar á tramitación dos seus proxectos a declaración da necesidade de ocupación dos bens ou dereitos que sexan indispensables para a posta en marcha das súas iniciativas, que con carácter privado pasan a ter a efectos administrativos “un maior valor” que os intereses da cidadanía.


Ademais, simplifícase a convocatoria de concursos mineiros para “axilizar a liberación dos terreos afectados por dereitos mineiros caducados”. Por outra banda, a declaración de caducidade dun dereito mineiro, segundo explican as asociacións, implicará a declaración do franco e a inmediata posta a diposición das empresas interesadas, o que pode supoñer a conversión de todo o territorio galego "nunha mina a gran escala”. 

relacionada A empresa da mina de Touro propón agora estudar o impacto na Ría de Arousa
relacionada ​Vídeo: “O desastre ambiental causado pola mina de Touro a vista de dron”

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE