Balsas mineiras en Río TintoPese ao duro golpe xudicial, deseguido Atalaia relativizó o seu impacto, adiantando que conseguiría unha nova autorización, proceso que agora empeza."Hai unha sentenza do TSJA que di que a AAU é anulable, en ningún caso di que sexa nula, é dicir, que no fondo non hai ningunha ilegalidade; foi porque nun momento determinado non se expuxeron a información pública unha serie de documentos, por tanto é un defecto de forma que é o momento de emendar", declarou a delegada da Xunta andaluza en Huelva, Bela Verán.Mentres tanto, en Galicia a Xunta segue analizando a documentación para reabrir Touro.
O catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola na Universidade de Santiago de Compostela (USC) Felipe Macías respondeu mediante unha rolda de prensa ás acusacións realizadas polos seus traballos en favor dos proxectos mineiros de Touro e San Finx, despois da publicación de dous informes que evidencian que os documentos elaborados por Macías están “repletos de plaxios de traballos doutros autores que se manipulan sen pudor, mesmo parágrafos enteiros copiados sen citación de blogues anónimos”.
Ademais, sinala que Tahoces, imputado por presunta prevaricación ambiental, “usou argumentos de Macías ante a ONU” para negar a contaminación no complexo de Lousame. "Tentan apropiarse dun informe elaborado por un equipo da USC dirixido por Felipe Macías para omitir a responsabilidade da empresa en relación ao impacto ambiental causado pola mina no pasado e no presente” , denuncia a plataforma.
O Dr. Steven Emerman, consultor internacional en hidrología e especialista na avaliación da afectación ambiental das explotacións mineiras, ofreceu a súa valoración dos proxectos mineiros galegos como consultor independente. A ‘Plataforma Veciñal MINA Touro – O Pino NON’ e a ‘Rede ContraMINAcción’ trouxeron ao experto en geofísica con 31 anos de experiencia e máis de 60 publicacións científicas ás súas costas, ademais de traballar como consultor independente tanto para empresas mineiras como para organismos públicos.
A pesar da polémica ao redor de permisos como os de Touro e Lousame, o director xeral de Minas -o imputado Bernando Tahoces- promete a unha patronal do sector simplificar os trámites. Iso se, "sen perder as garantías".
Unha avaliación ambiental incompleta, uns informes sancionadores insuficientes e a obrigación descontaminar os ríos da zona antes dunha eventual reapertura da mina de cobre. Estas son algunhas das "suxerencias" que fai o Defensor do Pobo sobre a polémica mina de Touro, que pretende reabrir Cobre San Rafael co apoio da multiancional Atalaya Minning. . Informe completo no interior.
Os alcaldes de Touro e O Pino, Ignacio Codesido Barreiro e Manuel Taboada Vigo respectivamente, repiten con maioría absoluta, aínda que a súa postura sobre o complexo mineiro parece facer gañar votos a outros partidos.
A ‘Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON’ critica as palabras do catedrático da USC, que afirma que as augas da contorna da mina “non está contaminadas”.
Xosé Sánchez Bugallo (1954) demostra nesta entrevista que coñece Santiago como a palma da súa man. Por exemplo, cando se lle pregunta pola “fantasía” do metro lixeiro do PP, en seguida argumenta citando detalladas cifras de pasaxeiros. Ao candidato do PSdeG, nótaselle os 12 anos que botou de alcalde e que está poñendo toda a carne no asador. O local -montado no Ensanche, territorio hostil, pois é un dos poucos barrios nos que gañou o PP o 28A- zumega unha frenética actividade. Ao temón un político veterano que, nesta entrevista, móstrase moi duro con Noriega. Das súas palabras, dedúcese que vai a por todas e non está pola labor pola ser segundo de abordo de Compostela Aberta. A política de vivenda, a fusión de concellos, a seguridade, os pisos turísticos e a mina de Touro son outros dos temas desta conversa.
O director xeral de Enerxía e Minas, imputado por un presunto delito de prevaricación ambiental, foi denunciado por colectivos e organizacións que integran a rede ‘ContraMINAcción’ por “obstaculización ao acceso de información ambiental”.
A Facultade de Ciencias da Educción acolle este martes 7 de maio a primeira edición destas xornadas.
Os reveses xudiciais en Andalucía provocaron unha baixada no prezo das accións da compañía mineira.
Novo, e duro, revés xudicial para Atalaia Minning. A multinacional que promove a polémica reapertura da mina de Touro - O Pino acaba de ver como o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSJA) anula a autorización de reinicio dos traballos e do plan de restauración en Minas de Riotinto (Huelva).
O dirixente galego, atendendo a preguntas de Galiciapress, afirmou que desde o goberno autonómico teñen a “convicción” de cumprir a lei e evitou responder as palabras de Fernández Leiceaga, que tachou de “fracaso” a política mineira de la Xunta.
Vázquez sae en defensa da celulosa, en cuxo consello de administración sentan dous compañeiros de partido, un ex-conselleiro de Medio Ambiente (Carlos do Álamo) e unha exministra de Medio Ambiente (Isabel Tocina). Nunha entrevista, pasa no bico dos pés sobre a imputación por prevariación ambiental dun director xeral e aborada as polémicas de Touro, Miramontes e Teo.