Menos trámites para abrir minas e así "crear riqueza" no rural
A pesar da polémica ao redor de permisos como os de Touro e Lousame, o director xeral de Minas -o imputado Bernando Tahoces- promete a unha patronal do sector simplificar os trámites. Iso se, "sen perder as garantías".
A pesar da polémica ao redor de permisos como os de Touro e Lousame, o director xeral de Minas -o imputado Bernando Tahoces- promete a unha patronal do sector simplificar os trámites. Iso si, "sen perder as garantías".
O director xeral de Enerxía e Minas, Anxo Bernardo Tahoces, reivindicou a "simplificación administrativa" para a apertura de proxectos mineiros "sen perder garantías técnicas, ambientais e urbanísticas".
Tahoces na Cámara Oficial Mineira
Así o expresou durante clausúra dunha xornada de divulgación sobre as canteiras sustentables en Galicia, celebrada en Santiago este mércores e organizada pola Cámara Oficial Mineira.
Neste contexto, Bernardo Tahoces destacou que o Goberno galego está a desenvolver a lei de implantación empresarial co obxectivo de "favorecer a tramitación administrativa" para calquera actividade mineira que se inclúa nun modelo "sustentable".
O obxectivo final, tal e como apuntou o director xeral de Enerxía e Minas na súa intervención, é "contribuír á creación de riqueza e emprego no rural".
Así as cousas, Bernardo Tahoces sinalou "o importante patrimonio mineiro" da Comunidade galega e as súas diferentes vertentes --xeolóxica, mineira, social e histórica--, á vez que destacou a "importancia de difundir a riqueza que o desenvolvemento da minería achega á sociedade".
Escribe o teu comentario