Anxo Bernardo Tahoces, director xeral de Enerxía e Minas de la Xunta de Galicia, declarou ante os medios que non considerou a súa dimisión ao entender que “se están facendo as cousas con plena suxeición á legalidade”. O seu proceso por un delito de prevaricación ambiental na mina de San Fix en Lousame segue aberto, mentres que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu unha nova demanda da plataforma ‘ContraMINAcción’ por “obstaculacion ao acceso de información ambiental”.
Ademais, sinala que Tahoces, imputado por presunta prevaricación ambiental, “usou argumentos de Macías ante a ONU” para negar a contaminación no complexo de Lousame. "Tentan apropiarse dun informe elaborado por un equipo da USC dirixido por Felipe Macías para omitir a responsabilidade da empresa en relación ao impacto ambiental causado pola mina no pasado e no presente” , denuncia a plataforma.
A pesar da polémica ao redor de permisos como os de Touro e Lousame, o director xeral de Minas -o imputado Bernando Tahoces- promete a unha patronal do sector simplificar os trámites. Iso se, "sen perder as garantías".
O director xeral de Enerxía e Minas, imputado por un presunto delito de prevaricación ambiental, foi denunciado por colectivos e organizacións que integran a rede ‘ContraMINAcción’ por “obstaculización ao acceso de información ambiental”.
O dirixente galego, atendendo a preguntas de Galiciapress, afirmou que desde o goberno autonómico teñen a “convicción” de cumprir a lei e evitou responder as palabras de Fernández Leiceaga, que tachou de “fracaso” a política mineira de la Xunta.